Criticalia

Cántiga Valente

2017-09-10T17:35:49+00:00 10 / 09 / 2017|Criticalia|

Dicir José Ángel Valente é dicir a mellor poesía española da segunda metade do século XX. Pero o que moitas veces se esquece —máis das que se debería— é que o escritor ourensán foi tamén poeta en galego e que o foi, ademais, desde a primeira hora. Cando practicamente ninguén en Galicia publicaba versos en [...]

Asasinatos literarios e outras flores

2017-09-02T08:08:54+00:00 02 / 09 / 2017|Criticalia|

Téñome ocupado nalgunha outra ocasión da escrita fabuladora de Lur Sotuela, quen aínda non hai tanto publicaba un ben interesante libro de relatos, Alucinario (2014). Nesa mesma liña de ficción informada e fantasía rebordante publica agora Maldita literatura, volume inserido na colección Confabulaciones da Editorial Eneida. Sotuela cultiva por igual —e dende hai tempo— a [...]

Resiliencia

2017-08-31T08:40:43+00:00 31 / 08 / 2017|Criticalia|

Lorena Conde (Ponte Sampaio, 1980) é artista ben coñecida no eido da dramaturxia galega, pois á súa andaina como actriz suma as facetas de directora, guionista, deseñadora gráfica, atrezzista, escenógrafa e didacta escénica. Mais a esta dedicación engade unha outra na que brilla con igual talento, a da escrita lírica, ámbito no que acaba de [...]

A flor da alegría

2017-08-27T08:50:17+00:00 27 / 08 / 2017|Criticalia|

Arcadio López-Casanova é un clásico en vida, un deses poetas nos que un país pode ollarse con orgullo e que fan que unha lingua dure, si, mil primaveras máis. Acontece que, alén de extraordinario poeta, López-Casanova ten cultivado con grande acerto outros xéneros, nomeadamente o ensaístico, mais tamén ―e sobre este particular quero determe agora― [...]

Verdade e memoria

2017-08-15T08:32:14+00:00 15 / 08 / 2017|Criticalia|

Perdoar é un acto de xenerosidade. Esquecer a máis aborrecible das indolencias.  A procura da verdade, a restitución da dignidade e o recoñecemento dos erros pasados non poden ser nin obviados nin procrastinados. Neste país noso houbo xeiras luminosas, episodios de gloria que, con razón, deben enchernos de orgullo. Mais tamén existiron episodios escuros, horas [...]

Outro xeito

2017-07-27T13:01:58+00:00 27 / 07 / 2017|Criticalia|

A escritora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie (1977) é unha narradora de proxección internacional que, de seguro, soará a moitos dos que lean estas liñas. Haberá incluso quen teña lido algunhas das súas estupendas novelas Purple Hibiscus (2003), Half of a Yellow Sun (2006) e Americanah (2013) ou os relatos recollidos en The Thing Around Your [...]

Load More Posts