Criticalia

Tabela dos libros. Febreiro 2018

2018-02-05T07:25:44+00:00 05 / 02 / 2018|Criticalia|

Co primeiro luns do mes, chega a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas. Nota bene: Os máis recomendados obtivéronse a partir da suma dos votos de [...]

Da Europa diversa

2018-02-04T20:24:39+00:00 04 / 02 / 2018|Criticalia|

Estes días de lecer estival acompañoume nas miñas escapadas á beiramar un volume ilustrativo ao tempo que pracenteiro: o Atlas das nações sem estado na Europa. Dirixido polo activista bretón Mikael Bodlore-Penlaez, especialista en minorías nacionais e un dos principais impulsores da extensión .bzh ademais de fundador do portal eurominority.eu, a versión galega foi traducida [...]

Dezaoitesca

2018-01-23T05:35:27+00:00 23 / 01 / 2018|Criticalia|

Un dos tópicos máis enraizados da literatura galega é o que espallou a falsa idea de que entre os séculos XVI e XVIII a nosa escrita “practicamente desapareceu” e que a produción literaria dese período é o espello dun ermo ou deserto no que letra ningunha solece, ata o punto de que durante moito tempo [...]

A alma en pé

2018-01-20T07:51:39+00:00 20 / 01 / 2018|Criticalia|

Leo Para que eu beba de Luís Valle e sinto unha explosión mineral terebrándome todos os órganos. A poesía deste lucense é calquera cousa menos liviá, un auténtico tour de force para a comprensión do artefacto literario que esixe da complicidade extrema do lector. Alta simboloxía, densificación extrema, plurivocidade definitoria, complexa pragmática. Teño escrito noutras [...]

Alén do valo

2018-01-16T07:05:38+00:00 16 / 01 / 2018|Criticalia|

Falar hoxe de teatro infantoxuvenil galego e non referirse a Carlos Labraña é tarefa case que imposible. Logo de case tres décadas traballando na súa creación, divulgación e representación ben poucas son as iniciativas neste eido nas que, dunha ou doutra maneira, non teña estado presente. Esta incansable dedicación fíxoo acredor de premios como o [...]

Tabela dos libros. Xaneiro 2018

2018-01-08T07:46:37+00:00 08 / 01 / 2018|Criticalia|

Cos primeiros do mes, chega a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas. Nota bene: Os máis recomendados obtivéronse a partir da suma dos votos de cada [...]

Entre distopías e ucronías

2018-01-02T09:41:17+00:00 02 / 01 / 2018|Criticalia|

A expectación xerada pola aparición de Blade Runner 2049, a secuela da mítica película de Ridley Scott protagonizada por Harrison Ford en 1982, confirma que as distopías e ucronías son fórmulas narrativas de todo tempo, tamén do noso, e que este modelo literario convive e se retroalimenta coa súa plasmación cinematográfica e, en non poucas [...]

Load More Posts