Criticalia

Verdade e memoria

2017-08-15T08:32:14+00:00 15 / 08 / 2017|Criticalia|

Perdoar é un acto de xenerosidade. Esquecer a máis aborrecible das indolencias.  A procura da verdade, a restitución da dignidade e o recoñecemento dos erros pasados non poden ser nin obviados nin procrastinados. Neste país noso houbo xeiras luminosas, episodios de gloria que, con razón, deben enchernos de orgullo. Mais tamén existiron episodios escuros, horas [...]

Outro xeito

2017-07-27T13:01:58+00:00 27 / 07 / 2017|Criticalia|

A escritora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie (1977) é unha narradora de proxección internacional que, de seguro, soará a moitos dos que lean estas liñas. Haberá incluso quen teña lido algunhas das súas estupendas novelas Purple Hibiscus (2003), Half of a Yellow Sun (2006) e Americanah (2013) ou os relatos recollidos en The Thing Around Your [...]

A vida que supura

2017-07-11T07:38:37+00:00 11 / 07 / 2017|Criticalia|

Levo dito por activa e por pasiva que a situación do teatro galego é heroica: apoios limitados, moi mellorable presenza pública, importantes dificultades para a representación e edición. Así as cousas, os poucos textos que van vendo luz cada ano deben recibirse como auga de oasis. Son unha sorte de feliz miraxe no medio dun [...]

Falar con Deus

2017-06-29T09:36:58+00:00 29 / 06 / 2017|Criticalia|

Estes últimos días acompañoume a lectura de O alfaiate portugués, volume de prosas do tradutor e escritor Xavier Senín que tirou do prelo a Editorial Galaxia na súa colección Literaria. O certo é que unha parte dos textos contidos no libro éranme familiares por telos ido lendo no seu día nas páxinas de El Correo [...]

Luces no avesío

2017-06-22T11:55:07+00:00 22 / 06 / 2017|Criticalia|

Tiven a fortuna de ler A candidata cando aínda era un orixinal que haberiamos de distinguir co último Premio Manuel García Barros de Novela, así que podo dicir con fundamento que sei dende a primeira hora da súa poderosa prosa, inzada de atractivos e valores tanto polo universo que recrea coma pola particular estilística coa [...]

Trump e as premonicións literarias

2017-06-15T07:04:11+00:00 15 / 06 / 2017|Criticalia|

Estes días atrás a polémica xestión do novo presidente dos EE.UU. Donald Trump fixo que recordásemos un título de Sinclair Lewis (1885-1951) ao que non se lle prestara demasiada atención nos últimos anos. Estou a referirme a It Can’t Happen Here (Iso non pode pasar aquí), unha fantasía distópica publicada en 1935 que tal semella [...]

Tabela dos Libros. Xuño 2017

2017-06-05T07:07:12+00:00 05 / 06 / 2017|Criticalia|

Velaquí a derradeira Tabela dos Libros deste curso, que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas. Vaia para eles catro o meu máis fondo agradecemento por, un ano máis, ter prestado a [...]

Load More Posts