Caderno da crítica

Fraguas: crestomatía última

2019-05-16T23:06:58+00:00 16 / 05 / 2019|Caderno da crítica|

Alén de diversas achegas sobre Antonio Fraguas, que se foron sucedendo desde hai algúns meses e das que se foi dando conta neste blog, cando menos aquelas ás que tivemos acceso, nesta última semana apareceron no mercado, da man da Editorial Galaxia, un conxunto de publicacións das que este 17 de maio cómpre referirse, aínda que [...]

Novidade (151): Sándalo, de María Xosé Porteiro

2019-05-16T13:32:32+00:00 16 / 05 / 2019|Caderno da crítica|

Desde Covardes, publicado en Ir Indo no ano 2001, ata Sándalo, María Xosé Porteiro desevolveu un amplísimo labor creativo noutros eidos como foron o ensaio e o xornalismo, pero non no territorio da novela en lingua galega. Por iso o Caderno da crítica saúda este retorno materializado nunha novela suxestiva e ambiciosa que nos leva [...]

Manuel Antonio e mais nós. Homenaxe a Manuel Antonio

2019-05-16T13:11:51+00:00 16 / 05 / 2019|Caderno da crítica|

VV.AA. Manuel Antonio e mais nós. Homenaxe a Manuel Antonio Hércules de Ediciones, A Coruña, 224 páxinas, 29,50 €   Cómpre saudar a iniciativa  que cristalizou na publicación de Manuel Antonio e mais nós. Homenaxe a Manuel Antonio. Con ela, o centro público homónimo rende un tributo á figura de Manuel Antonio  incorporando máis de sesenta [...]

Liñas compartidas

2019-05-15T17:56:11+00:00 15 / 05 / 2019|Caderno da crítica|

VV.AA. Liñas compartidas Toxosoutos, 420 páxinas, 22 €, Noia, 2019.   Hai proxectos fermosos, e ilusionantes, que merecen unha maior visibilidade da que se lles adoita outorgar. Creo que é este o caso de Liñas compartidas, unha publicación que Toxosoutos pon estes días en circulación e que é resultado do traballo realizado polas  persoas participantes [...]

Novidade (150): Infamia, de Ledicia Costas

2019-05-11T08:22:58+00:00 11 / 05 / 2019|Caderno da crítica|

A ductilidade remite á calidade de dútil, isto é, ese material que resulta doado de moldear ou que é susceptible de adoptar diferentes e variadas formas. Non atopo, agora, outro adxectivo para definir  o talento creativo dunha escritora como é Ledicia Costas que escoa con naturalidade e brillantez polos eidos do thriller psicolóxico coma se [...]

Revolución detrito, de Xosé de Cea

2019-05-11T07:47:21+00:00 11 / 05 / 2019|Caderno da crítica|

Xosé de Cea Revolución detrito Xerais, Vigo, 184 páxinas, 12,15 €   Revolución detrito é unha entrega de ficción narrativa de Xosé de Cea, pseudónimo literario de Xosé García Rodríguez, título que foi finalista do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, convocado pola Deputación da Coruña o ano pasado. Xosé de Cea, [...]

Novidade (149): Bergan, de José Lorenzo Tomé

2019-05-07T19:18:33+00:00 07 / 05 / 2019|Caderno da crítica|

Baía Edicións pon en circulación un novo libro de José Lorenzo Tomé baixo o título de Bergan. Anunciado pola editorial como unha obra situada “nos límites da Natureza e a Cidade, do Tempo e da Morte” engádese que “a viaxe de Bergan é, ao cabo, a busca dun mito que todos e todas secretamente botamos [...]

O raposo aviador que voa sen motor, de Antonio Reigosa

2019-05-07T18:32:12+00:00 07 / 05 / 2019|Caderno da crítica|

Con ilustracións a cargo de Laura Cortés hai xa algúns días que apareceu O raposo aviador que voa sen motor: un novo libro de Antonio Reigosa, o escritor mindoniense, cronista da súa cidade natal, investigador e divulgador da cultura popular. Reigosa manéxase con solvencia e experiencia contrastada nesta proposta creativa para as crianzas onde, como [...]

Feliz Idade, de Olga Novo

2019-05-03T20:48:40+00:00 03 / 05 / 2019|Caderno da crítica|

Olga Novo Feliz Idade Faktoría K, Pontevedra, 156 páxinas, 13 €   Hai moitos misterios por desvelar neste libro de Olga Novo. Nel circulan algunhas evidencias que apuntan a que Feliz Idade está alimentado por un substrato metafórico que bebe da xeometría, da arte e da música; tamén dun sólido afán libertario, ofrecido por xunto [...]

Load More Posts