Caderno da crítica

A Terra de Anna, de Jostein Gaarder

2017-10-17T18:46:48+00:00 17 / 10 / 2017|Caderno da crítica|

Jostein Gaarder A Terra de Anna (tradución David A. Álvarez) Faktoría K de Libros, 160 páxinas, 14 €, Pontevedra, 2017.   O nome de Jostein Gaarder (Oslo, 1952) queda, e quedará, indisociablemente asociado a un libro fundamental como foi O mundo de Sofía (1991): unha proposta narrativa que, se cadra, adquire nestes tempos novos ángulos [...]

Presentación do Libro dos lugares, de Antón Patiño, en Vigo

2017-10-13T13:09:44+00:00 13 / 10 / 2017|Caderno da crítica|

Este vindeiro xoves día 19 de outubro, ás oito do serán, a libraría viguesa Librouro acollerá a presentación do Libro dos lugares do meu prezado Antón Patiño. Será un pracer vervos alí e compartir algunhas ideas que suscita este libro tan singular xunto co autor, Xabier Romero (editor da Editoral Elvira e mais Xina Vega.Arquivado en:Literatura [...]

Catro ventos / Four winds, de Javier Fernández Pérez de Lis

2017-10-13T07:26:48+00:00 13 / 10 / 2017|Caderno da crítica|

Javier Fernández Pérez de Lis Catro ventos / Four winds Fabulatorio, A Coruña, 32 páxinas, 25 €, 2017.   Ao pé do monte Galiñeiro, na parroquia de Valadares e concretamente nun lugar chamado A Garrida, a orografía, a historia e a necesidade de explorar novos camiños, fixeron que interseccionasen dúas estradas. Un bar, como non, [...]

Luns, de Eli Ríos

2017-10-08T19:16:00+00:00 08 / 10 / 2017|Caderno da crítica|

Luns Eli Ríos Xerais, Vigo, 152 páxinas, 16,85 €, 2017   Sigo nos últimos anos, con especial atención, a evolución da traxectoria literaria de Eli Ríos (Londres, 1976). Nuns poucos anos esta autora conseguiu un considerable número de galardóns literarios entre narrativa e poesía que, alén de posibilitar a publicación das súas propostas, contribuíu a [...]

O neno mariñeiro, de Bernardino Graña

2017-10-05T17:34:06+00:00 05 / 10 / 2017|Caderno da crítica|

Bernardino Graña O neno mariñeiro Xerais, Vigo, 144 páxinas, 16,85 €, 2017   Hai uns días o académico e escritor cangués Bernardino Graña cumpriu oitenta e cinco anos. Boa parte deles dedicounos a cultivar a literatura de noso, onde deixou singulares pezas creativas que constitúen, hoxe por hoxe, un verdadeiro patrimonio das nosas letras. Á [...]

Poemar o mar, de Antonio García Teijeiro, premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

2017-10-03T15:53:00+00:00 03 / 10 / 2017|Caderno da crítica|

Unha inmensa alegría supón que a nosa poesía, e ademais a nosa poesía dirixida en primeira instancia a un lectorado novo, sexa galardoada  no Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Teño para min que Poemar o mar, editado por Edicións Xerais, é un libro que merece moi xustamente este premio. Con el, Antonio García [...]

Roteiro “O espello do mundo”

2017-10-01T09:12:03+00:00 01 / 10 / 2017|Caderno da crítica|

Celebrouse onte o roteiro literario, organizado polo CAFI, inspirado n´O espello do mundo. Para min supuxo unha xornada emocionante percorrer aqueles espazos que, dalgún xeito, se recrean na novela e que se dese lectura a algúns fragmentos daquela: desde os camiños de Escudeiros ao val e á canle ata San Paio dos Pitos, Milmanda ou [...]

Toponimia de Gomesende, de Carlos Méndez Míguez

2017-09-28T18:32:58+00:00 28 / 09 / 2017|Caderno da crítica|

Carlos Méndez Míguez Toponimia de Gomesende (prólogo de Virxilio Rodríguez Silva) Toxosoutos, Noia, 224 páxinas, 10 €, 2017.   É probable que o labor de Carlos Méndez Míguez como investigador da toponimia de noso sexa escasamente coñecida fóra de determinados círculos. Con todo, participo da opinión que o seu labor, espellado en diversas e recentes publicacións [...]

Once portas, de Héctor Cajaraville

2017-09-27T17:07:09+00:00 27 / 09 / 2017|Caderno da crítica|

Héctor Cajaraville Once portas Xerais, Vigo, 104 páxinas, 14,60 €, 2017.   Van xa algúns meses desde que lin Once portas, galardoada co premio de Narrativa Curta Ánxel Fole do ano pasado, no que supuxo a continuación de Héctor Cajaraville como narrador para un público adulto tras De remate. Polo medio, o autor ofreceu diversas [...]

Ditame do I Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey

2017-09-27T13:54:04+00:00 27 / 09 / 2017|Caderno da crítica|

Foi un pracer participar onte, na cidade de Pontevedra e a carón de Carme Vidal, Ramón Rozas e Carmen Carreiro, no debate que suscitaron os orixinais que se presentaron á primeira convocatoria do Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey e que se lle outorgou, por unanimidade, ao escritor e profesor Xoán Carlos Domínguez Alberte polo [...]

Load More Posts