CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO

tres poemas de NA CASA DA AVOA (Marta Dacosta, Galaxia)

2017-10-19T16:32:42+00:00 19 / 10 / 2017|Ferradura en tránsito|

ATENDE, escoita vai tirando amodiño do fío da conversa hache contar do tempo en que a tía chegaba e coa nai preparaba as infusións de ruda sen que ninguén contara o porqué do silencio   verás, observa non é a avoa quen fala, volve ser una nena escoita a través dela a todas as avoas [...]

Tras o lume a esperanza

2017-10-19T06:49:48+00:00 19 / 10 / 2017|Caderno da crítica|

  O pasado martes celebrouse un acto conxunto, entre o IES Valadares e o CEIP A Sobreira, ambos os dous centros de ensino público de Valadares. Un acto reivindicativo porque cómpre non esquecer todo aquilo que viviron as dúas comunidades docentes e as persoas que as integramos. Para ese día escribín este texto que agora [...]

crítica de NA CASA DA AVOA (Marta Dacosta, Galaxia)

2017-10-18T16:56:45+00:00 18 / 10 / 2017|Ferradura en tránsito|

CONDICIÓN DE MULLER Tïtulo: Na casa da a avoa Autora: Marta Dacosta Editorial: Galaxia Nun mundo dominado polo sexo masculino, Marta Dacosta no seu último poemario reivindica a voz das mulleres, a súa condiciòn de muller nun mundo onde outra vez o colonialismo soñando seu imperio (31) é herdeira da avoa que  ainda que case [...]

A Terra de Anna, de Jostein Gaarder

2017-10-17T18:46:48+00:00 17 / 10 / 2017|Caderno da crítica|

Jostein Gaarder A Terra de Anna (tradución David A. Álvarez) Faktoría K de Libros, 160 páxinas, 14 €, Pontevedra, 2017.   O nome de Jostein Gaarder (Oslo, 1952) queda, e quedará, indisociablemente asociado a un libro fundamental como foi O mundo de Sofía (1991): unha proposta narrativa que, se cadra, adquire nestes tempos novos ángulos [...]

Onomástica & Co.

2017-10-15T08:06:37+00:00 15 / 10 / 2017|Criticalia|

Paula Carballeira é un deses escasos nomes que nunca defraudan. Un novo libro seu no mercado ha ofrecer sempre alicientes abondos para poder consideralo como ben recomendable, por iso cada vez que entra pola porta unha obra súa póñoa de man para debrocarme nela en canto teña o mínimo vagar.  Así fixen tamén con Bruxa [...]

Presentación do Libro dos lugares, de Antón Patiño, en Vigo

2017-10-13T13:09:44+00:00 13 / 10 / 2017|Caderno da crítica|

Este vindeiro xoves día 19 de outubro, ás oito do serán, a libraría viguesa Librouro acollerá a presentación do Libro dos lugares do meu prezado Antón Patiño. Será un pracer vervos alí e compartir algunhas ideas que suscita este libro tan singular xunto co autor, Xabier Romero (editor da Editoral Elvira e mais Xina Vega.Arquivado en:Literatura [...]

Catro ventos / Four winds, de Javier Fernández Pérez de Lis

2017-10-13T07:26:48+00:00 13 / 10 / 2017|Caderno da crítica|

Javier Fernández Pérez de Lis Catro ventos / Four winds Fabulatorio, A Coruña, 32 páxinas, 25 €, 2017.   Ao pé do monte Galiñeiro, na parroquia de Valadares e concretamente nun lugar chamado A Garrida, a orografía, a historia e a necesidade de explorar novos camiños, fixeron que interseccionasen dúas estradas. Un bar, como non, [...]

subliñados de SOÑO DE INFANCIA (Moncho Rouco, Xerais)

2017-10-12T16:39:28+00:00 12 / 10 / 2017|Ferradura en tránsito|

Mellor comezar polo principio, que hai moito que contar e pouco tempo que perder (15). ………………………………………….. O primeiro ano da miña chagada á Coruña, que seguía alá no lonxe, paseino sorteando como puiden os empurróns, sopapos e, en xeral, abusos leves cada vez máis espazados (25). …………………………………………. Axiña comezaría a ser coñecido entre a miña [...]

crítica de SOÑO DE INFANCIA (Moncho Rouco, Xerais)

2017-10-11T17:16:14+00:00 11 / 10 / 2017|Ferradura en tránsito|

AQUELES ANOS Título: Soño de infancia Autor: Moncho Rouco Editorial: Xerais De súpeto, os últimos cincuenta anos mudaron por completo a forma pasar o tempo de lecer. Por se non tiveramos pouco co cine, a radio e televisión, as novas tecnoloxías viñeron mudar por completo o xeito de pasar o tempo xogando. De repente, todos [...]

Luns, de Eli Ríos

2017-10-08T19:16:00+00:00 08 / 10 / 2017|Caderno da crítica|

Luns Eli Ríos Xerais, Vigo, 152 páxinas, 16,85 €, 2017   Sigo nos últimos anos, con especial atención, a evolución da traxectoria literaria de Eli Ríos (Londres, 1976). Nuns poucos anos esta autora conseguiu un considerable número de galardóns literarios entre narrativa e poesía que, alén de posibilitar a publicación das súas propostas, contribuíu a [...]

Load More Posts