Un ollo de vidro

Inicio/CÓMIC/Un ollo de vidro

Autobom 2017: É que ninguén pensa nos nenos? Reflexións sobre a liberdade de expresión e a censura

2017-05-19T09:24:48+00:00 09 / 04 / 2017|Un ollo de vidro|

La Clave: Guitián, Leandro e Sekone. Foto de Sara Roca (Nave 1839)O pasado 1 de abril celebrouse na Nave 1839 o Autobom, o xemelgo primaveral do Autobán, o evento de autoedición e BD de autor coruñés por excelencia. Aínda que nun formato máis comprimido que o de verán, os organizadores programaron unha intensa xornada de [...]

Elipses e Sombras: A revolta dos animais

2017-05-19T09:24:50+00:00 03 / 04 / 2017|Un ollo de vidro|

Mirror: The mountainO novo traballo de Emma Ríos mestura ciencia ficción e fantasía sustentándose na engaiolante proposta visual de Hwei Lin. Emma Ríos irrompeu na escena galega da banda deseñada con A prueba de balas, unha caste de Hong-Kong-movie en viñetas que apareceu en 2001 en forma de fanzine e continuou en 2003 como volume autoeditado [...]

Un mes, tres viñetas: Marzo 2017

2017-05-19T09:24:50+00:00 31 / 03 / 2017|Un ollo de vidro|

Imaxe de David Rubín para Ether (reproducida aquí con fins informativos)16 de Marzo. Un pirata candoroso. En Twitter, un lector gababa onte Ether, o novo traballo de David Rubín en colaboración con Matt Kindt, e convidaba ao debuxante ourensán a visitar a páxina dende a que difundía o propio cómic traducido ao castelán por el [...]

É que ninguén pensa nos nenos? Reflexións sobre censura e liberdade de expresión

2017-05-19T09:24:53+00:00 29 / 03 / 2017|Un ollo de vidro|

A próxima fin de semana celébrase no espazo Nave 1839 da Coruña a nova edición do Autobom, versión invernal/primaveral do Autoban, minifestival de fanzines, autoedición e BD de autor. Entre as moitas actividades programadas para o sábado 1, día único do Festival, haberá unha mesa redonda ás 18:30 na que se falará de liberdade de [...]

Elispses e Sombras: As cousas máis estrañas

2017-05-19T09:25:09+00:00 04 / 03 / 2017|Un ollo de vidro|

Paper Girls 1-5 A nova proposta de Brian K. Vaughan recupera o espírito do cinema xuvenil dos anos 80.Entre 2013 e 2015, Brian K. Vaughan autoeditou en formato dixital The Private Eye, un relato de ciencia ficción que calquera lector podía descargar da rede pagando o prezo que considerase xusto ou mesmo de balde. Un [...]

Un mes, tres viñetas: Febreiro 2017

2017-05-19T09:25:09+00:00 03 / 03 / 2017|Un ollo de vidro|

Javier Coma en 1996. Foto: Joan Sánchez14 de Febreiro. Un pioneiro. Nos anos 80 resultaba practicamente imposible atopar artigos sobre banda deseñada en prensa xeral. Dos poucos que aparecían, moitos levaban a sinatura de Javier Coma, cuxo labor durante aqueles anos debeu de parecerse bastante ao dos primeiros cristiáns, espallar unha nova fe entre unha [...]

Esenciais ACDCómic – Segundo semestre 2016

2017-05-19T09:25:15+00:00 18 / 02 / 2017|Un ollo de vidro|

O ano non remata ata que chegan os Esenciais de ACDCómic do segundo semestre. A listaxe do período Xullo-Decembro de 2016 resulta especialmente variada, o cal non só reflicte a pluralidade de intereses dos membros da asociación senón tamén a diversidade de publicacións que un pode atopar na libraría. De entre o moito bo aparecido [...]

Un mes, tres viñetas: Xaneiro 2017

2017-05-19T09:25:21+00:00 31 / 01 / 2017|Un ollo de vidro|

O anuncio do peche, debuxo de Monteys2 de Xaneiro. Mea culpa. A revista dixital Orgullo y Satisfacción naceu cando un grupo de autores que traballaban en El Jueves decidiron que non querían deixarse domar pola empresa editora, RBA. Un exercicio de dignidade que viu seguido dunha decisión arriscada, a aposta polo formato dixital. Os autores [...]

Qadriños: Un noruegués en Compostela

2017-05-19T09:25:21+00:00 25 / 01 / 2017|Un ollo de vidro|

Retomo Qadriños para falar do novo álbum de Jason, polo de agora só dispoñible en francés e inglés, no que o historietista noruegués recolle as súas experiencias percorrendo o Camiño de Santiago. Mentres agardamos pola edición en castelán, que sairá á venda antes do verán, podemos gozar dos fragmentos e bosquexos preliminares que foi publicando [...]

Elipses e Sombras: Os covardes porán fin á guerra

2017-05-19T09:25:22+00:00 21 / 01 / 2017|Un ollo de vidro|

Bella Muerte: El osoO novo volume de Bella Muerte repite os acertos da achega precedente e confirma a Emma Ríos e Kelly Sue DeConnick como un dos equipos creativos máis inspirados do cómic norteamericano actual. Pretty Deadly, traducida ao castelán como Bella Muerte, supuxo o cambio de estatus de Emma Ríos no mercado do cómic [...]

Load More Posts