O Marmurio das Ondas

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/O Marmurio das Ondas

Sempre Castelao

2018-02-15T20:54:29+00:00 15 / 02 / 2018|O Marmurio das Ondas|

Publicado en Faro de Vigo (15-II-2018) A vella, de fociño torto e fazulas rascadas polo tempo, cruza as mans. Nos ollos agrarios garda toda a luminosidade da fotografía. Ao carón, un homiño enxoito sob as sabas mantén as pálpebras abertas pra mirar a chegada da morte. Un intre retratado pola cámara de Anna Turbau, quen expuxo [...]

Un pintor de escafandro. Urbano Lugrís

2018-01-11T18:55:59+00:00 11 / 01 / 2018|O Marmurio das Ondas|

Publicado en Faro de Vigo (11 de xaneiro de 2018) As illas xorden como dentes saídos das crebas marítimas para trabar o ceo. O azul, Patinir, limpo como acordar estival. A tríade de gueivotas, ou charráns, chían coas ás abertas sobre das nubens esféricas. O vento envolve os rumorosos. Céfiros que veñen e van e [...]

No centenario de Chané

2017-12-14T21:30:05+00:00 14 / 12 / 2017|O Marmurio das Ondas|

Publicado en Faro de Vigo  (14-XII-2017) Na cuadratura granítica da santa praza de Santiago vibraron todas as esculturas (agás as usurpadas polo franquismo) co son poderoso da Orquestra Sinfónica de Galicia e as voces de “doce verbo” do Orfeón Donostiarra. Elevouse a música no aer sob a batuta do Gustavo Dudamel, un dos directores máis prestixiosos [...]

Literatura dos Séculos Escuros. Décimas contra Cernadas

2017-10-20T20:48:02+00:00 20 / 10 / 2017|O Marmurio das Ondas|

A arquitectura é parte do poliédrico rostro do país. Éo como manifestación da arte: o sentir, comprender e expresar da cultura. E a cultura xorde dende os pobos. Logo a arquitectura da nación delata os períodos incandescentes da súa existencia. Pensemos no románico galego, “alborada luminosa” nos labres de Gómez Román. Esta estética xúnguese a [...]

La Cristina (1862). A primeira papeleira de Vigo

2017-09-08T10:00:11+00:00 08 / 09 / 2017|O Marmurio das Ondas|

Publicado en Faro de Vigo (7-IX-2017) Bombas de palenque. Música da banda de La Beneficiencia. Sacras beizóns cristiás. Banquete con mantel de papel. Discursos con feitío de ar engas industriais e louvas ó progreso das máquinas. Aconteceu en Lavadores o 30 de marzo de 1862. Medio centenar de notables vigueses se xuntaron ó pé do [...]

Discurso na X asemblea da Irmandade Xurídica Galega

2017-06-10T19:20:40+00:00 10 / 06 / 2017|O Marmurio das Ondas|

Celebrada o 10 de xuño no Paraninfo da Universidade de Compostela Distinguidas autoridades Ilustre auditorio Amigos e amigas Se nesta hora pecharámo-los ollos e axustarámo-los tímpanos dos ouvidos, percibiríamo-la voz barroca, emotiva e cantaruxeira de don Ramón Otero Pedrayo. Voz de lousa de quen impartía a derradeira lección como catedrático da universidade de Compostela. Pola [...]

Álvaro Cunqueiro nas páxinas de Faro de Vigo

2017-06-05T16:31:55+00:00 05 / 06 / 2017|O Marmurio das Ondas|

Publicado en Faro de Vigo (1-VI-2017)  En Mouruás, San Xoán do Río, houbo unha espada no ventre dunha pedrafita. Unha espada pistiliforme; é dicir, coa fasquía do pistilo dunha flor, a estendida lingua xerminal. O bronce do seu corpo lanceolado vibra na vista. Está emburullada no transcorrer dos séculos, sen coiro que a protexa, nas [...]

Luís Rodríguez Seoane. O brinde esquecido

2017-05-19T09:24:36+00:00 30 / 04 / 2017|O Marmurio das Ondas|

Publicado en Faro de Vigo (6-IV-2017) O Banquete de Conxo de 1856 supuxo un acto constitutivo para o imaxinario nacional galego. Este ágape é unha baliza (no simbólico) do Rexurdimento xa que configurou, mediante un acto realizado na esfera pública, un punto de encontro do renacer do pobo galego con conciencia de seu. En tódalas [...]

Load More Posts