Caderno de campo

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/Caderno de campo

Cando Mondoñedo respira poesía

2018-04-28T08:44:40+00:00 28 / 04 / 2018|Caderno de campo|

Polas calendas maias, no bico da primavera, Mondoñedo vístese de galanura. É o tempo das Feiras e Festas das Quendas e o do recital poético-musical ‘Mondoñedo é poesía’, que xa anda pola quinta edición. Outro ano máis volverá a recender Mondoñedo a versos frescos, acabados de dicir como cando Cunqueiro, Jácome, Vidarte e outros iluminaban [...]

MONDOÑEDO é POESÍA 2018

2018-04-21T12:58:30+00:00 21 / 04 / 2018|Caderno de campo|

MONDOÑEDO é POESÍA 2018 1 de maio de 2018 ESPECIAL 5ª EDICIÓN   Mondoñedo é poesía chega este ano á súa 5ª edición convocando para o vindeiro 1 de maio en Mondoñedo (Capital galega da poesía) a aqueles e aquelas que aman a poesía dita, recitada, cantada, musicada ou visual. Esta actividade enmárcase, como sempre, [...]

Os Villar Ponte e Mondoñedo

2018-04-08T11:57:38+00:00 08 / 04 / 2018|Caderno de campo|

Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González andan estes días pola Mariña coa primicia do seu “Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte” (Xerais, 2018). Escolleron Mondoñedo como praza de saída para a presentación pública (o acto tivo lugar no Pazo dos Santomé o 6 de abril) desta nova obra, entre outras razóns [...]

Cunqueiro e os kiwis

2018-02-28T11:08:20+00:00 28 / 02 / 2018|Caderno de campo|

Non teño aquí abondo espazo para contarlles a historia da arribada dos froitos chamados kiwis a Galicia e menos aínda a das fascinantes e curiosas aves tamén chamadas kiwis que, polo de agora, non se deixaron ver por aquí. A ave kiwi é unha especie de galiña sen ás, endémica e símbolo nacional de Nova [...]

Un libro de historia imprescindible 

2018-02-20T17:31:51+00:00 20 / 02 / 2018|Caderno de campo|

Este venres, 23 de febreiro (día fasto ou nefasto a criterio do observante na nosa historia máis recente) preséntase en Mondoñedo «Poder e política na Galiza vilega 1790-1833. Provincias de Lugo e Mondoñedo» da autoría do profesor Xosé Ramón Veiga Alonso. Será na Centro Comarcal (antigo cuartel), a partir das 20:30 h., nun acto ao que recomendamos [...]

O Anxo

2018-02-05T16:18:35+00:00 05 / 02 / 2018|Caderno de campo|

Na memoria de Jaime Cabot Bujosa (Mallorca, 24. 7.1913 – Mondoñedo, 5-7.2005) Desde o lado noreste da Praza Jaime Cabot vese case todo Mondoñedo.  No outeiriño onde se atopa asentou no século XVIII o convento do Rosal, sempre coñecido como de Alcántara por seren os franciscanos descalzos que o rexentaron discípulos da Orde fundada por [...]

O estraperlo do pan no franquismo. O ‘Caso do pan’ co mindoniense Blanco Folgueira de protagonista

2018-02-04T20:04:47+00:00 04 / 02 / 2018|Caderno de campo|

Falamos do estraperlo, o comercio fraudulento de produtos básicos como o pan en épocas de necesidade. Nas augas procelosas da autarquía e do férreo intervencionismo imposto polo franquismo na posguerra este tipo de mercado negro enriqueceu a uns poucos e condenou a pasar fame e necesidades á inmensa maioría. O mindoniense José María Blanco Folgueira [...]

Homenaxe popular: 80 aniversario dos asasinatos de Siervo González, Graciano Paz e Manuel Rodríguez

2018-01-15T15:55:14+00:00 15 / 01 / 2018|Caderno de campo|

PROGRAMA Sábado, 13 de xaneiro de 2018 12:00h Acto homenaxe no parque a carón do Cemiterio Vello. Interviron: Antonio Reigosa. Cronista oficial de Mondoñedo. Angeles Rodríguez (Portavoz municipal do PP) Eloi Cabanas (Portavoz municipal do BNG) Esperanza González (Portavoz municipal do PSOE) Pedro González (Neto de Siervo Gonález). Graciano Pardo (Neto de Graciano Paz) Actuación [...]

Fillos do medo, escravos do silencio

2018-01-10T11:28:31+00:00 10 / 01 / 2018|Caderno de campo|

Fotog. de Caxigueiro Homenaxe popular a Graciano Paz Amieiro, Siervo González Rivas e Manuel Rodríguez Núñez, no 80 aniversario do seus asasinatos. Mondoñedo, 13 de xaneiro de 2018 Se non fósemos fillos do medo e escravos do silencio non tardariamos 80 anos en reivindicar a límpida memoria dos tres asasinados na travesía da Rocha de [...]

Load More Posts