Brétemas

Vai con sentidiño

2019-12-31T18:31:47+00:00 31 / 12 / 2019|Brétemas|

Dedico o derradeiro artigo do ano en Faro de Vigo á escolla de «sentidiño» como palabra galega do ano: «Sentidiño» é a palabra galega do ano 2019 escollida por votación popular entre as usuarias do Portal das Palabras, espazo didáctico e de apoio léxico na rede da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. Entre [...]

Onte 2049: «Eroski/Paraíso»

2019-12-24T13:08:22+00:00 24 / 12 / 2019|Brétemas|

Emocioneime onte na presentación nos Multicines Norte de Eroski/Paraíso, esoutra proeza de Jorge Coira e Xesús Ron. Unha «comedia underground», como foi definida polo director chairego nas súas primeiras palabras, que afonda nas orixes do desarraigo e do alleamento da xeración nosa, a dos galegos e galegas que temos hoxe entre 5o e 65 anos. [...]

Galeguismo sen galego

2019-12-17T20:55:15+00:00 17 / 12 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao informe do comité de expertos do Consello de Europa sobre o cumprimento por parte do estado español da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias: A publicación recente do informe do Comité de expertos do Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas Rexionais [...]

Campo do Fragoso CCXXXII

2019-12-16T18:53:40+00:00 16 / 12 / 2019|Brétemas|

INSUFICIENTE Tras a derrota en Leganés fronte ao pechacancelas e o empate co Mallorca en inferioridade numérica, o Celta liquidou as expectativas de rápida remontada xeradas pola chegada ao banco de Óscar García Junyent. As mudanzas que introduciu o adestrador catalán no patrón de xogo e a recuperación dalgúns xogadores como Pione Sisto e Olaza [...]

Con Greta Thunberg

2019-12-12T21:30:13+00:00 12 / 12 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á activista climatica Greta Thunberg: O pasado mes de marzo comentabamos con admiración a iniciativa de Greta Thunberg, unha rapaza sueca de dezaseis anos, de promover diante do parlamento do seu país a primeira folga escolar mundial polo clima. Dende entón, o movemento estudantil Friday For [...]

Onte 2048: «Longa noite» de Eloy Enciso

2019-12-08T17:01:07+00:00 08 / 12 / 2019|Brétemas|

 Despois do éxito d’ O que arde, fomos ver onte Longa noite, un filme emocionante de Eloy Enciso sobre a imposición do medo ao medo durante a ditadura franquista. Como fixera xa en Arraianos, onde utilizou textos de Jenaro Marinhas del Valle e actores non profesionais, Enciso repite fórmula apostando por un elenco de [...]

Compañeiro Alcalde

2019-12-03T20:00:02+00:00 03 / 12 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a homenaxear ao meu benquerido Manuel Soto Fereiro: A derradeira conversa que mantiven con Manuel Soto foi hai menos dun mes por WhatsApp con motivo da proposta que fixen de compartir un cocido para celebrar o San Martiño e o tempo de castañas, apenas un pretexto [...]

Campo do Fragoso CCXXXI

2019-12-02T21:53:16+00:00 02 / 12 / 2019|Brétemas|

A DESTEMPO Despois da gran vitoria no estadio da Cerámica, que nos permitiu enxergar o horizonte da esperanza, quedei un pouco chafado polo debut do novo adestrador Óscar García en Balaídos. Diante dun Valladolid pechado con chave nas catro cancelas, o Celta tardou máis dunha hora en entender o argumento do partido e cando decidiu [...]

Load More Posts