Brétemas

Colmeiro no Marco

2020-02-04T20:00:11+00:00 04 / 02 / 2020|Brétemas|

Dediquei o artigo da semana en Faro de Vigo á exposición de Colmeiro no Marco comisariada por Carlos L. Bernárdez: O pintor Manuel Colmeiro conta nunha entrevista que lle fixo Carlos G. Reigosa que cando chegou a Vigo en xuño de 1926 procedente de Bos Aires quedara moi impresionado: «Carai, Vigo é azul». Unha lembranza [...]

Onte 2065: «A morte de Galicia», ensaio sobre avellentamento e emigración

2020-01-23T16:36:47+00:00 23 / 01 / 2020|Brétemas|

Resultou moi interesante o debate que arredor da aparición do libro A morte de Galicia (Xerais, 2019) mantiveron na bilioteca da EMAO o historiador Isidro Dubert, o editor da obra, e a socióloga Antía Pérez Caramés, unha das coautoras. No marco do ciclo «Repensar Galicia» organizado polo Ateneo Atlántico de Vigo propuxémoslles que reflexionasen arredor [...]

Encrucillada viguesa

2020-01-22T19:49:38+00:00 22 / 01 / 2020|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a reflexionar sobre o bloque interinstitucional que sofre Vigo Non me pasou desapercibida a ausencia do alcalde de Vigo na entrega no Teatro Afundación dos Premios da Cultura Galega 2019 nin tampouco que o presidente da Xunta de Galicia utilizase a súa intervención neste acto para [...]

Onte 2064: «Non hai espellos nos manicomios», a autobiografia de superación de Antonio Tizón

2020-01-19T23:02:13+00:00 19 / 01 / 2020|Brétemas|

Non hai espellos nos manicomios. Antonio Tizón, biografia dunha superación from Arraianos Producions on Vimeo. Antonio Tizón agasalloume onte un exemplar de Non hai espellos nos manicomios (Arraianos Producións, 2019), o libro que forma parte dun proxecto multimedia de edición estendida arredor da súa propia biografía. Dirixido e coordinado por Aser Álvarez, con banda sonora orixinal [...]

Onte 2063: Café de Redacción con Néstor Rego

2020-01-19T09:24:43+00:00 19 / 01 / 2020|Brétemas|

Iniciamos onte na Coruña as actividades da Fundación Luzes con Café de Redacción con Néstor Rego. Conducido por Xosé Manuel Pereiro, os xornalistas Manuel Rivas, Soniza Vizoso, Anxo Luxilde e Marcos Sanluis preguntaron durante máis de hora e media ao deputado do BNG no Congreso sobre as cuestións máis polémicas da axenda galega. O acordo [...]

Onte 2062: Fervenzas Literarias 2019

2020-01-18T20:35:23+00:00 18 / 01 / 2020|Brétemas|

Coñecimos onte o ditame dos Fervenzas Literarias 2019 aos mellores libros do ano.  Un premio outorgado polo lectorado  que dende hai trece anos recoñece tanto os libros preferidos en galego nos diversos xéneros como o traballo das persoas das diversas instancias do noso sistema editorial. Un premio que sinala as tendencias de popularidade das novidades literarias, sexa [...]

Do hectógrafo ao encerado dixital

2020-01-17T19:31:18+00:00 17 / 01 / 2020|Brétemas|

Na RGE 75 de Nova Escola Galega (moitos parabéns por estas tres décadas longas da publicación educativa máis veterana en lingua galega) publico un artigo sobre a mudanza dos materiais escolares utilizados nas últimas catro décadas. Un exercicio de memoria da renovación pedagógica en Galicia e tamén unha reflexión prospectiva que agardo contribúa a un debate [...]

Onte 2061: «Conta Comigo» de Miguel Tanco

2020-01-15T14:41:12+00:00 15 / 01 / 2020|Brétemas|

Un dos libros que me chamou a atención no pasado Culturgal foi Conta Comigo (Bululú 2019), un álbum escrito e ilustrado polo estremeño Miguel Tanco. Protagonizado por unha rapaza que adora as matemáticas e olla o mundo a través delas, propón unha viaxe para atopalas en todos os recantos da cidade: nas formas xeométricas dos [...]

Load More Posts