Brétemas

Onte 2046: Antía Yáñez, Premio Agustín 2019

2019-10-27T08:35:16+00:00 27 / 10 / 2019|Brétemas|

Viaxamos onte a Vilalba para participar, xunto a Rosa Aneiros e Xavier Senín, no xurado da terceira edición do Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, convocado polo IESCHA e o concello de Vilalba, coa colaboración de Xerais. Entre as dez obras presentadas escollemos como gañadora por unanimidade a presentada como [...]

En galego Vigo vai

2019-10-22T18:53:19+00:00 22 / 10 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a reflexionar sobre a situación do idioma galego ao fío da enquisa estrutural a fogares do IGE sobre coñecemento e uso do galego e do castelán en Galicia: A recente enquisa estrutural a fogares sobre o grao de coñecemento e uso (oral e escrito) do galego [...]

O que arde

2019-10-15T20:53:19+00:00 15 / 10 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a recomendar O que arde, o filme memorable de Oliver Laxe: A estrea en vinte salas galegas do filme O que arde de Oliver Laxe coincide co segundo aniversario dos incendios que puxeron en perigo a coroa vexetal da área metropolitana viguesa e provocaron dúas vítimas [...]

U-lo problema da biblioteca de Navia?

2019-10-08T18:26:45+00:00 08 / 10 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo para reiterar a reclamación dunha biblioteca para Navia: Lin no xornal dixital do concello de Vigo (xornal.vigo.org) que o alcalde avanzou que «a nova biblioteca de Navia abrirá as súas portas con 200 postos de lectura, que dispoñen de conexión wifi, ampliables se existise demanda». Unha [...]

Tesouros Humanos Vivos

2019-10-03T15:18:13+00:00 03 / 10 / 2019|Brétemas|

Dediquei o artigo da semana en Faro de Vigo á iniciativa da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de declarar os seus Tesouros Humanos Vivos: Tiven a fortuna de acompañar a Pedro Feijoo na presentación de Camiñar o Vigo Vello (Xerais 2018) dentro das IV Xornadas do Mar organizadas pola Asociación Veciñal e Cultural Casco [...]

Emerxencia feminista

2019-09-24T19:17:07+00:00 24 / 09 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á emerxencia feminista: O triple feminicidio da pasada semana acontecido no lugar de Carracido da parroquia de Cordeiro no concello de Valga volveu activar a emerxencia feminista galega nun verán que, tras o asasinato en xullo de María del Carmen Vázquez en Vilalba, resultou particularmente catastrófico [...]

Onte 2045: «A nena, o monstro e o mar», o regreso dos contos de Leopolda Diéguez

2019-09-19T20:25:09+00:00 19 / 09 / 2019|Brétemas|

Entre as novidades do verán non me pasou desapercibida A nena, o monstro e o mar de Teresa González Costa, a segunda historia relatada por Leopolda Diéguez. Como a primeira desta serie, Fred Quincalla, o nómade do mar, esta novela infantil ofrece a voz singular desta contadora xenial, viaxeira e facedora de artes máxicas, acompañada [...]

Na honra da familia Fraiz Castellanos

2019-09-17T19:30:59+00:00 17 / 09 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a lembrar a memoria da familia Fraiz Castellanos: O pasado sábado fixéronse oitenta e dous anos do fusilamento de Víctor Fraiz Villanueva, militante comunista, mestre nacional de 50 anos, con escola en Coia, na rúa Tomás Alonso nº 62, e de Manuel Rodríguez Careu «Chato», comerciante [...]

Load More Posts