Brétemas

Onte 1905: Tinto uno 2015 Mission

2017-08-08T08:52:44+00:00 08 / 08 / 2017|Brétemas|

O agasallo dun viño descoñecido pareceume sempre unha desas cousas bonitas da amizade. Pasounos onte cando compartimos unha botella de Tinto uno 2015 das bodegas Mission da Ribeira Sacra. Un soberbio mencía de Amandi co 20 % de garnacha, uvas cultivadas polo biólogo Carlos Carballeira, preparado polo enólogo Roberto Regal e polo bodegueiro Zak Elfman, [...]

Onte 1904: Sobre a organización da Feira do Libro da Coruña

2017-08-07T09:00:47+00:00 07 / 08 / 2017|Brétemas|

Quixen agardar ao treito final desta edición da Feira do Libro da Coruña para a expresar a miña decepción polo modelo de organización das súas actividades. Por vez primeira existiron dous programas paralelos nos Xardíns de Méndez Núñez, o organizado pola Federación de Librarías de Galicia no espazo que os editores bautizamos como «a lata», [...]

Onte 1903: A estrea do Celta de Unzué

2017-08-06T09:20:37+00:00 06 / 08 / 2017|Brétemas|

Vimos onte algunhas trazas ilusionantes do Celta de Unzué. Fronte ao poderoso Bayer Leverkusen, un cadro da pasada Champions League, amosou contar cunha formidable pegada atacante e unha preocupante febleza defensiva. Sabendo que o cadro está en probas, quedámonos, non obstante, co primeiro gol de Guidetti, unha marabilla de xogo combinativo nacida nunha recuperación de [...]

Onte 1902: «Hell or high water» («Comanchería»)

2017-08-05T10:36:51+00:00 05 / 08 / 2017|Brétemas|

Hell or high water (Comanchería) de David Mackenzie amosa que sempre é posible actualizar os xéneros. Desta volta o director escocés dálle unha volta de porca ao western cun trhiller de elegancia sublime e de forte intencionalidade social narrado con precisión cirúxica e envolto na melancolía da música country. Unha historia antiépica de dous irmáns [...]

Onte 1901: Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017

2017-08-04T12:18:41+00:00 04 / 08 / 2017|Brétemas|

Rematamos onte tres días de intensa participación na Feira do Libro da Coruña. Seráns literarias todas moi concorridas  e interesantes nas que presentamos algunhas das novidades recentes de Xerais dirixidas a públicos diversos. Comezamos o martes 1 de agosto con Costa do Solpor. O regreso da Illa do tesouro nunha sesión audiovisual na que Xosé [...]

Onte 1900: O estado da nosa tradución

2017-07-31T10:58:34+00:00 31 / 07 / 2017|Brétemas|

 Por fin tiven acougo para debullar «La traducción literaria gallega contemporánea. Intratraducción y Extratraducción», o traballo da profesora Iolanda Galanes Santos  incluído no libro La traducción literaria. Nuevas investigaciones (Comares 2016). Iolanda Galanes presenta un panorama completo do estado da tradución literaria galega contemporánea, mesmo afondando nos seus antecendentes históricos, utilizando como fonte principal o [...]

Onte 1899: «On the Milky Road», o regreso de Emir Kusturica

2017-07-30T18:46:35+00:00 30 / 07 / 2017|Brétemas|

Sei que Emir Kusturica é un director que posúe un imaxinario propio achegado ao surrealismo, onde os contidos oníricos, o protagonismo dos animais e da natureza, así como a presenza da música tardicional serbia están presentes en boa parte das súas películas. Así sucede tamén en On the Milky Road (En la Vía Láctea) onde [...]

Onte 1898: «O Códice esmeralda», novela atlántica

2017-07-29T09:51:43+00:00 29 / 07 / 2017|Brétemas|

Magnífica foi a presentación d’ O Códice esmeralda, a novela de Alberte Blanco, no Museo Massó no marco das actividades  do XXI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu organizado pola Asociación de amigos de embarcacións tradicionais Os Galos. Ao acubillo do mural de Urbano Lugrís e dunha peza artilleira dun navío da batalla de Rande [...]

Load More Posts