As Crebas

Mudanza de crebas.blogaliza a crebas.gal

2018-04-13T15:30:40+00:00 13 / 04 / 2018|As Crebas|

(Crebas, fotografía de Manuel Sendón) O inesperado peche de blogaliza obriga a unha mudanza desta bitácora desde crebas.blogaliza.org ao dominio crebas.gal, lugar desde que en breve iniciarei unha nova andaina na rede. Agradezo inmenso a blogaliza, e de maneira particular a Pedro Silva, a xenerosa e desinteresada acollida na hospedaxe destas crebas e a súa colaboración [...]

Unha lectura de Do Ermo, de Antonio Noriega Varela

2018-03-27T09:59:24+00:00 27 / 03 / 2018|As Crebas|

Tal día coma hoxe, o 27 de marzo de 1947, finaba en Viveiro o poeta Antonio Noriega Varela, nado en Mondoñedo o 19 de outubro de 1869, como ben lembran máis unha vez as útiles #efemeridesgalegas no twitter do caro amigo Carlos Rodríguez Pér‏ez (@xcarlosrope). Na súa lembranza recupero unha lectura do seu libro de [...]

Convocatoria do V Premio de Poesía Gonzalo López Abente

2018-03-26T14:35:03+00:00 26 / 03 / 2018|As Crebas|

Este pasado sábado conmemoramos o 140 aniversario do natalicio do escritor muxián Gonzalo López Abente: «O 24 de marzal do ano 1878 ás catro da serán, que cadrou en domingo, con feira en San Isidro, abrín os ollos á vida e pola fiestra da casa do Cabo da Grixas, ollei craramente un outo cruceiro e [...]

Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, co gallo do Día Mundial da Poesía de 2018 (Versión galega)

2018-03-22T16:13:59+00:00 22 / 03 / 2018|As Crebas|

Neste 21 de marzo do 2018, Día Mundial da Poesía, declarado pola UNESCO en 1999, tampouco atopei por ningures a versión galega da Mensaxe da súa nova Directora Xeral, Audrey Azoulay, que si podemos ler na variante portuguesa no sitio da Unesco-Brasil. E como tamén fixen noutros anos anteriores, polo seu indubidable interese reproduzo novamente [...]

Manifesto do Día Mundial da Poesía, de María Xosé Queizán, no Festival Alguén que RESPIRA!

2018-03-22T15:34:02+00:00 22 / 03 / 2018|As Crebas|

Onte estivemos no compostelán Teatro Principal na gala de inauguración das xornadas poéticas Festival Alguén que RESPIRA!, que coordina o poeta Antón Lopo. As persoas asistentes puidemos gozar das lecturas ou recitacións de poetas nosos como Salvador García-Bodaño, María Xosé Queizán, Isaac Xubín e Yolanda Castaño, da catalá Maria Sevilla e da asturiana Olvido García [...]

Versión galega dun fragmento orixinal en castelán de «El Monte-Sacro de Galicia» (1868), de Antonio López Ferreiro

2018-03-20T21:26:22+00:00 20 / 03 / 2018|As Crebas|

Tal día coma hoxe, o 20 de marzo de 1910 finou o escritor e historiador Antonio López Ferreiro, nado en Santiago de Compostela o 9 de novembro de 1837, como ben lembran na bitácora «O Almanaque das Irmandades» (en andamento grazas á coruñesa A. C. Alexandre Bóveda e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) ou tamén [...]

Unha lectura de Estebo, de Xosé Lesta Meis

2018-03-16T19:05:06+00:00 16 / 03 / 2018|As Crebas|

As ben útiles #efemeridesgalegas no twitter do caro amigo Carlos Rodríguez Pér‏ez (@xcarlosrope) tamén lembran que tal día coma hoxe 16 de marzo de 1887 nace en Eirís de Arriba (Oza, A Coruña), Xosé Francisco Lesta Meis, finado o 22 de decembro de 1930, escritor e xornalista galego. Na súa lembranza recupero unha lectura da [...]

Fragmento do conto «Branca, Branquiña…» de Manuel Ortiz Novo (Santiago de Compostela, 1891 – 1933)

2018-03-16T18:42:32+00:00 16 / 03 / 2018|As Crebas|

Como ben lembra o hashtag ou cancelo #efemeridesgalegas no twitter do caro amigo Carlos Rodríguez Pér‏ez (@xcarlosrope), tal día coma hoxe o avogado, mestre, xornalista e escritor galego Manuel Ortiz Novo, nado en Santiago de Compostela en 1891, finaba nesta mesma cidade o 16 de marzo de 1933. No pasado ano botamos man da súa [...]

Poema (XCV): «Éramos del mar, de la intemperie», de Carlos Penelas

2018-03-12T15:05:28+00:00 12 / 03 / 2018|As Crebas|

Máis unha vez e grazas ao meu caro amigo Manuel Suárez Suárez recibo un adianto do último libro de poemas de Carlos Penelas (Buenos Aires, 1946), autor con raíces galaicas e con moita relación co noso País como se pode ler na autobiografía do seu propio sitio web. Carlos Penelas, a quen coñecín brevemente en 1997 [...]

Adeus ao docente Xoán Díaz García, profesor de Lingua e Literatura e impulsor da bitácora ‘Son de Poetas’

2018-03-08T15:35:10+00:00 08 / 03 / 2018|As Crebas|

(Última actualización de Son de Poetas) Veño de coñecer nas últimas horas a noticia do pasamento de Xoán Díaz García, profesor de Lingua e Literatura e impulsor da bitácora ‘Son de Poetas‘, un blogue que funciona dende o curso 2007-2008 no IES David Buxán de Cambre como (re)compilatorio de versións musicadas de poemas galegos. Non [...]

Load More Posts