A Canción do Náufrago

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/A Canción do Náufrago

Temos un problema: índices baixos de lectura en Galicia

2018-03-06T13:48:42+00:00 06 / 03 / 2018|A Canción do Náufrago|

Os datos oficiais (“Barómetro de Hábitos de Lectura y de Compra de Libros en España 2017”) deixan en mal lugar a Galicia, porque indican que estamos por debaixo da media do Estado en lectura en tempo libre (lectura porque si, fóra da obriga escolar ou profesional; ou sexa, a lectura como hábito, a que realmente [...]

Onde hai máis librerías e bilbiotecas, hai máis lectura

2018-02-28T13:46:22+00:00 28 / 02 / 2018|A Canción do Náufrago|

Cada vez que saen estudos sobre hábitos de lectura ou compra de libros, imos todos coma tolos a ver o dato, ou sexa, O DATO, que adoita ser máis ou menos sempre o mesmo e que ten que ver con saber se subiron ou non os índices de lectura entre a poboación. Ten certa lóxica [...]

Amazonía

2018-02-26T12:47:31+00:00 26 / 02 / 2018|A Canción do Náufrago|

2038. Ano 1 da Nova Era. Os estudantes do derradeiro curso de Educación Primaria da Escola Amazon and Co. poñen as gafas de Realidade Confirmada nas súas casas que os conecta á Rede Universal Educativa Prescriptiva de Coñecementos Esenciais. A clase de hoxe, que lles entrará directamente no Bulbo Raquídeo logo da inxesta das tres [...]

O fútbol e eu

2018-02-16T13:03:21+00:00 16 / 02 / 2018|A Canción do Náufrago|

Cando era pequeno, os futbolistas eran señores serios con bigote, cellas unidas e expresión grave. Raramente sorrían nas fotos. Chamábanse con nomes coma sentencias: Panadero Díaz, Barrachina, Juan, Abelardo, Ovejero… Eran, si, señores moi serios con cara de funcionarios da Audiencia Nacional. Benito, do Real Madrid, tiña un mostacho tan de señor cabreado que ninguén [...]

Fake

2018-01-30T13:46:05+00:00 30 / 01 / 2018|A Canción do Náufrago|

Eu estudei Filosofía, imaxino (quen sabe, tiña 17 anos e pelo) porque buscaba a verdade, ou sexa, A Verdade. En plena adolescencia rabuda (e podedes crerme, foi rabuda; a miña madurez, por fortuna, non o está sendo menos) sentíame perdido, enfadado co mundo e xa moi consciente de que os gatos non tiñan tres patas, [...]

Unhas cantas reflexións rápidas sobre o estado de saúde do libro en España

2018-01-19T10:48:24+00:00 19 / 01 / 2018|A Canción do Náufrago|

Onte, e como cada ano, a Federación de Gremios de Editores de España presentou en rolda de prensa o documento “Barómetro de Lectura y Compra de Libros 2017.” Para os editores profesionais, é unha ferramenta de moita utilidade para sabermos por onde camiña o noso sector. Mais tamén é unha lectura que creo interesante para [...]

Carta de Salvatierra de Guanajuato (México), por Inma López Silva e Francisco Castro

2018-01-14T09:16:11+00:00 14 / 01 / 2018|A Canción do Náufrago|

O pasado mes de octubre, a escritora Inma López Silva e eu tivemos a sorte de viaxar a Salvatierra de Guanajuato para participar no Encuentro Internacional de Escritores. Froito desa viaxe, que tanto nos marcou, escribimos esta Carta de Salvatierra de Guanajuato que a revista GRIAL publica no seu novo número que estes días chega [...]

Un franquismo financiado, aínda hoxe, cos nosos cartos

2018-01-10T13:47:35+00:00 10 / 01 / 2018|A Canción do Náufrago|

Estes días, morta a filla do ditador (quen nunha entrevista gabábase de ter pasado a vida enteira sen traballar) abriuse o debate sobre o título nobiliario que no seu día, “polos seus méritos” lle concedeu El-Rei Juan Carlos e que ningún presidente de goberno se atreveu a lle quitar. E iso malia que xa hai [...]

Load More Posts