CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (LXXIII): "Macedonia de Versos", de Concha Blanco

Inicio/INFORMACIÓN/Versos e aloumiños/CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (LXXIII): "Macedonia de Versos", de Concha Blanco

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (LXXIII): "Macedonia de Versos", de Concha Blanco

                                     CONCHA  BLANCO  (Lires. Cee, 1950)



AMORA
Carnosas e azucradas
nacen entre espiñas.
Elas son o frito
das moreiras e silvas.
Unha vez maduras
Concha Blanco
cambian de cor
pero non por iso
saben peor.
Moradas nas moreiras
negras nas silvas.
Ai que alegría!
  Que saborosas son
         na confeitería.

CEREIXA
Non é gato nin é can
tampouco é un cabalo
no que a eles se parece
é que todos levan rabo.
Redonda, ben feita.
Ela é a cereixa.
Máis cousas dela
vouvos dicir,
drupa doce, colorada.
Por último e xa acabo:
Comémola dun bocado!
Maxestosa a cerdeira
toda engalanada
de cereixas maduras
amarelas e encarnadas.
Entre as follas verdes
no alto penduradas
bailan en grupos
de dúas, de tres…
moi ben apreixadas.
Os merlos son
os seus inimigos
son eses froitos
os seus favoritos.
As cereixas e o verán
andan collidos da man.

Ilustración de Lidia Nokonoko
LIMÓN
Ten dúas follas verdes
brillantes, lustrosas.
No medio da cesta resulta
unha froita vistosa.
Cólleme, lévame,
parece que di,
pero eu non quero
sacalo de alí.
No xénero das froitas
abunda o feminino
agás unas poucas
Ilustración de Lidia Nokonoko
que é masculino.
O pexego, o figo, o limón.
A laranxa, a pera, a mazá.
A historia do seu sexo
que máis dá!
De  sabor amargo, é o limón.
Saboroso en limoada
co peixe frito e coa ensalada.
O limón e a laranxa
son da familia
el moi galán
ela moi fina.
                                  (Do libro Macedonia de Versos, editado por Aira Editorial, 2018)



Source: Versos e Aloumiños

2019-03-21T15:15:00+00:00 21 / 03 / 2019|Versos e aloumiños|