CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (LXXII): "Sopa de Estrelas", de Pepe Cáccamo

Inicio/INFORMACIÓN/Versos e aloumiños/CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (LXXII): "Sopa de Estrelas", de Pepe Cáccamo

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (LXXII): "Sopa de Estrelas", de Pepe Cáccamo

                                           PEPE CÁCCAMO  (Vigo, 1950)


Pepe Cáccamo (Foto Kalandraka)
UN VERSO PARA CANTAR
A CANCIÓN DO UNIVERSO.
                   UN POEMA
PARA SOÑAR CO SISTEMA SOLAR.

SAÍRON OS PLANETAS
  DUNHA MALETA?
    NON. QUE NON.
        ELES SON
ANACOS DE EXPLOSIÓN
DUNHA NEBULOSA ROSA.
 

NO VENTO GRIS DE GAS
 QUE VÉN DE MARTE
  UN DÍA CHEGARÁS
A ALGUNHA PARTE.
SATURNO, FÍXATE NEL.
     SERÁ DE SAL,
Ilustración de Berta Cáccamo
     SERÁ DE SOL,
     SERÁ DE MEL
A LUZ DO SEU ANEL?
VOLTA, VIRAVOLTA,
  BRINCO, PIRUETA,
BAILE DO PLANETA.
    
NON TE METAS,
      NON TE METAS
NA LEA DOS PLANETAS.
Ilustración de Berta Cáccamo
DEIXA QUE XIREN E DANCEN,
QUE SE AFASTEN E SE ALCANCEN.
      MÍRAOS DESDE A TERRA
XOGANDO Á GUERRA.

NEVA EN  VENUS, NEVA, NEVA
   NOVENTA DÍAS NO ANO.
O VENTO LEVANTA E LEVA
AS FOLERPAS PARA URANO.


(Do libro Sopa de Estrelas, editado por Urco Editora, 2015)

Source: Versos e Aloumiños

2019-03-04T12:20:00+00:00 04 / 03 / 2019|Versos e aloumiños|