Carvalho Calero 2020, das discordancias pasadas aos consensos futuros

Inicio/INFORMACIÓN/Letra en Obras/Carvalho Calero 2020, das discordancias pasadas aos consensos futuros

Carvalho Calero 2020, das discordancias pasadas aos consensos futuros

Foto: Distrito Xermar

O pasado mes de xuño a Real Academia Galega fixo o que, ata hai ben pouco, moitos consideraban imposible: dedicarlle o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero. Ninguén discute os méritos dunha figura fundamental da cultura galega do século XX. Ademais dun autor literario notable, cunha ampla obra poética, teatral e narrativa, Calero é unha referencia no estudo da nosa lingua e literatura, sirva de exemplo un aínda hoxe indispensable como é o caso da Historia da literatura galega contemporánea (1963).

Mais arredor da figura de Carvalho Calero tamén houbo sonadas, e abismais, diferenzas nos últimos corenta anos. O profesor ferrolán foi o principal símbolo do reintegracionismo lingüístico nunhas épocas tan turbulentas para a normativización do idioma como foron os anos 80. A chamada Lei Paz Andrade, aprobada polo Parlamento en 2014, e a progresiva normalización de relacións (ou polo menos o cese de hostilidades) entre partidarios da norma oficial e reintegracionistas foron, sen dúbida, abrindo camiños que posibilitan un Día das Letras como o que vén. Da xenerosidade de todos depende que 2020 sirva para superar vellas feridas e abrir novas oportunidades para a lingua.

Source: Letra en Obras

2019-07-03T13:15:13+00:00 03 / 07 / 2019|Letra en Obras|