Cantos na Maré alberga o nacemento da Rede da Galilusofonia

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/Cantos na Maré alberga o nacemento da Rede da Galilusofonia

Cantos na Maré alberga o nacemento da Rede da Galilusofonia

A XIV edición do Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré rematou onte en Pontevedra cunha formulación nova a deste ano, que convirte o evento nun punto de encontro coa música como nexo pero que tamén serve como de plataforma para outras iniciativas dentro do Foro na Maré. Tal é o caso da Rede da Galilusofonia, creada nesta ocasión no marco do evento. Esta Rede preséntase como un espazo común e cooperativo das iniciativas que, en Galiza e Portugal, comparten o obxectivo común de situar Galicia no espazo lingüístico-cultural da lusofonía. A rede conta de partida coa vontade de adhesión de coñecidos colectivos: A Mesa pola Normalización Lingüística, Academia Galega da Língua Portuguesa, AGAL-Associaçom Galega da Língua, AJA Galiza-Núcleo da Associaçom Jose Afonso na Galiza, Fundación Via Galego. Tamén varios eventos ou iniciativas de entidades veñen de sumarse á esta rede: aRi[t]mar galiza e portugal-Escola Oficial de Idiomas de Santiago, Cantos na Maré, Castro Galaico Festival de Nogueiró-Braga, Convergências Portugal Galiza-Braga, Festival da Poesia no Condado-SCD Condado, , Ponte a Portu-Gal (Concello de Ponteareas), Ponte nas Ondas, Traz outro amigo também (Concello de Cedeira).<br>
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|