xurxodorna

Inicio/xurxodorna

About xurxodorna

Este autor no presenta ningún detalle.
So far xurxodorna has created 14 blog entries.

La Cristina (1862). A primeira papeleira de Vigo

2017-09-08T10:00:11+00:00 08 / 09 / 2017|O Marmurio das Ondas|

Publicado en Faro de Vigo (7-IX-2017) Bombas de palenque. Música da banda de La Beneficiencia. Sacras beizóns cristiás. Banquete con mantel de papel. Discursos con feitío de ar engas industriais e louvas ó progreso das máquinas. Aconteceu en Lavadores o 30 de marzo de 1862. Medio centenar de notables vigueses se xuntaron ó pé do [...]

Discurso na X asemblea da Irmandade Xurídica Galega

2017-06-10T19:20:40+00:00 10 / 06 / 2017|O Marmurio das Ondas|

Celebrada o 10 de xuño no Paraninfo da Universidade de Compostela Distinguidas autoridades Ilustre auditorio Amigos e amigas Se nesta hora pecharámo-los ollos e axustarámo-los tímpanos dos ouvidos, percibiríamo-la voz barroca, emotiva e cantaruxeira de don Ramón Otero Pedrayo. Voz de lousa de quen impartía a derradeira lección como catedrático da universidade de Compostela. Pola [...]

Álvaro Cunqueiro nas páxinas de Faro de Vigo

2017-06-05T16:31:55+00:00 05 / 06 / 2017|O Marmurio das Ondas|

Publicado en Faro de Vigo (1-VI-2017)  En Mouruás, San Xoán do Río, houbo unha espada no ventre dunha pedrafita. Unha espada pistiliforme; é dicir, coa fasquía do pistilo dunha flor, a estendida lingua xerminal. O bronce do seu corpo lanceolado vibra na vista. Está emburullada no transcorrer dos séculos, sen coiro que a protexa, nas [...]

Luís Rodríguez Seoane. O brinde esquecido

2017-05-19T09:24:36+00:00 30 / 04 / 2017|O Marmurio das Ondas|

Publicado en Faro de Vigo (6-IV-2017) O Banquete de Conxo de 1856 supuxo un acto constitutivo para o imaxinario nacional galego. Este ágape é unha baliza (no simbólico) do Rexurdimento xa que configurou, mediante un acto realizado na esfera pública, un punto de encontro do renacer do pobo galego con conciencia de seu. En tódalas [...]

Ronseis de Céltiga. O proxecto editorial das Irmandades

2017-05-19T09:25:27+00:00 16 / 12 / 2016|O Marmurio das Ondas|

As Irmandades da Fala foron un misto na noite político-cultural de Galiza no romper do século pasado. Porque o misto apenas aluma pero permítenos observar canta escuridade temos ao noso arredor. A cultura galega vivía un certo devalar no crepúsculo do XIX que coincidía cun rearme ideolóxico do centralismo español tras o desastre de 1898. [...]

Rosalía de Castro e o Centro Galego da Habana

2017-05-19T09:25:29+00:00 28 / 10 / 2016|O Marmurio das Ondas|

  A Fran, meu amigo En lembranza da nosa viaxe   José Martí e, no fondo, o Centro Galego da Habana O inicio de tódolos camiños de Cuba é José Martí. No simbólico e no real, no pasado e no presente. A figura do poeta modernista que montado encol do lombo do seu cabalo combateu [...]

A bandeira galega en Vigo. Terra ceibe!

2016-04-29T08:42:02+00:00 29 / 04 / 2016|O Marmurio das Ondas|

Publicado en Faro de Vigo (28-IV-2016)   Até nos presentes días óuvese dicir que a bandeira galega é, na súa orixe, a bandeira da capitanía marítima da Coruña. Cóntase, pois, que os emigrantes galegos en Cuba (flor espumosa do Caribe) albiscaban esta bandeira cando os barcos, cheíños de traballadores fuxidos da miseria, entraban na baía [...]

Mulleres de noso

2016-01-22T10:38:59+00:00 22 / 01 / 2016|O Marmurio das Ondas|

Publicado en Faro de Vigo (21-I-2016) As primeiras litografías que mirei de Honoré Daumier foron en Paris, capital of modernity (2003), de David Harvey, e que me emprestara o meu bo amigo David Rodríguez, o funambulista coxo. Un libro que relata, de maneira lúcida, as transformacións socioculturais e urbanísticas da capital francesa. Aquela mudanzaretratouna Daumier [...]

Crónica de Ramón Villar Ponte. No horizonte do centenario das Irmandades da Fala

2017-05-19T09:26:01+00:00 01 / 11 / 2015|O Marmurio das Ondas|

Publicado en Faro de Vigo (28-X-2015).   Castelao foi un artista metido a político, malgré lui. Non foi un político que fixo o artista. Ou se queren, non fixo artistadas na res publica, que é unha forma amábel de dicir “cacicadas”. O rianxeiro confesou que a orixe do galeguismo estaba en Antón Villar Ponte porque este fora [...]

Acto de defensa da tese de doutoramento

2017-05-19T09:26:03+00:00 21 / 08 / 2015|O Marmurio das Ondas|

Texto lido durante a defensa da tese de doutoramento celebrada o 30 de xullo na Universidade de Vigo. Coa venia do tribunal,   O escritor italiano Umberto Eco asinou en 1977 un ensaio titulado Como si fa una tesi di laurea. Con certeza, o meu director de tese de doutoramento, o profesor Gonzalo Navaza, indicoume [...]

Load More Posts