Xavier Alcal

Inicio/Xavier Alcal

About Xavier Alcal

Este autor no presenta ningún detalle.
So far Xavier Alcal has created 8 blog entries.

Galway (A voapluma, Diario de Ferrol, 06/10/2000)

2017-01-29T22:03:39+00:00 29 / 01 / 2017|Blog de Xavier Alcalá|

De Galway pouca xente entre nós tería oído. É unha cidade do bico por onde Irlanda acaba de precipitarse ao Atlántico na procura da Norteamérica en que se multiplicou como nación de emigrantes. En Galway viviu alguén moi próximo durante anos saudosos, de caras chamadas. Nunha madrugada aciaga, alá tiven que telefonar para informar de [...]

Novo comercio (A voapluma, Diario de Ferrol, 05/10/2000)

2017-01-26T22:03:45+00:00 26 / 01 / 2017|Blog de Xavier Alcalá|

Transcorreu a xornada no belo encerro do Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago, a pé da autoestrada que minimiza Galicia de norte a sur, xunto do camiño dos peregrinos, coberto de asfalto. Mulleres e homes, máis ou menos coñecedores dos asuntos que se recollen baixo o epígrafe manido de “comercio electrónico”, discutían nun foro [...]

“Sin novedad” (A voapluma, Diario de Ferrol, 04/10/2000)

2017-05-19T09:25:21+00:00 25 / 01 / 2017|Blog de Xavier Alcalá|

Quen prognosticou en 1965 que no 2000 habería colonias en Marte e “uns douscentos mil ordenadores” nos Estados Unidos, evidentemente, non era bo observador dos avances científicos. Por ese tempo o transistor era unha vulgaridade e comezaban a fabricarse en serie os circuítos integrados. De aí en diante produciríase o cumprimento dunha lei tecnolóxica: cada [...]

A coroa (A voapluma, Diario de Ferrol, 02/10/2000)

2017-05-19T09:25:21+00:00 23 / 01 / 2017|Blog de Xavier Alcalá|

Hai tempo, o director dun xornal deste Impaís que tanto amo botoume unha terrible amoestación por delegación do editor: segundo o responsable dese medio de comunicación, algo que eu escribira rozaba o desrespecto “á coroa”. No que segue non se vai falar desa entelequia —próxima á do Espírito Santo— en que cren os monárquicos, senón [...]

Arxentinos (A voapluma, Diario de Ferrol, 01/10/2000)

2017-01-22T22:05:56+00:00 22 / 01 / 2017|Blog de Xavier Alcalá|

Cando tan mal se fala do nacionalismo, esquecendo o lixo no ollo propio e mirando o do alleo, cómpre aos nacionalistas defenderen as nacións, que poden ser moitas para cada un deles, como as linguas que se falen. Un nacionalista pode, por exemplo, sentirse e razoarse galego, español, ibérico, europeo, iberoamericano… sen que iso lle [...]

A eternidade (A voapluma, Diario de Ferrol, 30/09/2000)

2017-01-19T22:05:46+00:00 19 / 01 / 2017|Blog de Xavier Alcalá|

Recollo cousas que sobran no meu escritorio e dispóñome a tirar con elas á papeleira. Unha consiste en conxunto de pinza de plástico e alfinete imperdible, supostamente de aceiro cromado. Fico co artefacto na man, dubitativo. Algo no fondo máis fondo da consciencia dime que vou cometer un acto cheo de perversidade, da perversidade propia [...]

A folga (A voapluma, Diario de Ferrol, 29/09/2000)

2017-01-18T22:05:23+00:00 18 / 01 / 2017|Blog de Xavier Alcalá|

A folga dos transportes de viaxeiros por estrada está a dexenerar. Ninguén que se mova en parámetros desta volta de século entenderá moi ben actos vandálicos durante a demostración de dereitos do traballador que supón un paro organizado. Pero vidros rotos con bolas de rolamento, contundencias de aceiro, levan a empresarios e conductores en servicios [...]

Load More Posts