Ram n Nicol s

Inicio/Ram n Nicol s

About Ram n Nicol s

Este autor no presenta ningún detalle.
So far Ram n Nicol s has created 685 blog entries.

Novidade (195): Citizen, de Chévere

2019-07-17T08:45:45+00:00 17 / 07 / 2019|Caderno da crítica|

Continúa Kalandraka poñendo á disposición das persoas interesadas as pezas teatrais do grupo Chévere. Velaquí, nesta ocasión, a obra Citizen que en 2011 recibiu o Premio da Crítica Galicia 2011 e cinco Premios María Casares en 2012. Un texto que xira arredor dun empresario galego do téxtil que consegue unha gran fortuna mais que, como [...]

Novidade (194): Camiño de paixóns, de Carlos Meixide

2019-07-16T10:30:43+00:00 16 / 07 / 2019|Caderno da crítica|

A editorial Galaxia publica o primeiro premio de novela “Camiño de Santiago”, que organizou e convocou a “Academia Xacobea” e que recaeu no escritor vilagarcián Carlos Meixide coa novela Camiño de paixóns que, segundo fontes editoriais, “toma o Camiño de Santiago coma un pretexto para explorar a natureza humana a partir de dúas mulleres que, levadas [...]

O Fresco. Memorias dun fuxido (1936), de Víctor F. Freixanes

2019-07-16T09:57:07+00:00 16 / 07 / 2019|Caderno da crítica|

Víctor F. Freixanes O Fresco. Memorias dun fuxido (1936) Xerais, Vigo, 176 páxinas, 17,50 €, 2019   Lourenzo Fernández Prieto fala, no imprescindible prólogo desta reedición, de que este é un libro seminal. Teño para min que este é un termo acaído para definir as dimensións deste libro. Nesas páxinas limiares Fernández Prieto analiza con [...]

Aprende banda deseñada con Fiz, de Kiko da Silva

2019-07-15T09:36:43+00:00 15 / 07 / 2019|Caderno da crítica|

Kiko da Silva Aprende banda deseñada con Fiz Xerais, Vigo, 56 páxinas, 12,90 €, 2019   Un é deses docentes que aprendeu a valorar a relevancia da banda deseñada como ferramenta educativa, mais tamén como lector, da man de Agustín Fernández Paz naquel admirable Para lermos cómics (1984) e, posteriormente, n´Os cómics nas aulas, nos [...]

A Rota do Oeste, de Henrique Dacosta

2019-07-13T10:19:10+00:00 13 / 07 / 2019|Caderno da crítica|

Henrique Dacosta A Rota do Oeste Edicións Embora, Ferrol, 312 páxinas, 19 €   O vello camiño que os islandeses idearon para chegar a Compostela denominábano o Vestverg, isto é, aquel itinerario orientado cara a un Oeste misterioso que iniciaba o seu  percorrido en Ribe, Xutlandia, para arribar a Ferrol tras algunhas xornadas de viaxe [...]

Novidade (193): Antón e os inocentes, de X.L. Méndez Ferrín

2019-07-12T08:48:15+00:00 12 / 07 / 2019|Caderno da crítica|

No ano 1976 Edicións Xistral publicaba Antón e os inocentes, de X.L. Méndez Ferrín. A reeditaríase en Sotelo Blanco, cun limiar do autor  escrito dez anos despois, e agora chega esta nova edición que correu a cargo de Antón Blanco Casás en canto á fixación textual e un breve prólogo e unha fotografía extraordinaria na [...]

Novidades (192): José Gardeazabal e Patrícia Reis na colección “Confluências” de Faktoría K

2019-07-11T09:14:55+00:00 11 / 07 / 2019|Caderno da crítica|

Estréase unha nova colección narrativa en Faktoría K de Libros que, baixo o epígrafe de “Confluências”, persegue estabelecer un punto de encontro ou, se se quere, unha ponte a través da literatura e das literaturas que se fan nas diversas linguas da península con traducións quer ao portugués quer ao castelán. Deste xeito xa apareceron [...]

Novidade (191): As fauces feroces, de Emma Pedreira

2019-07-11T08:38:15+00:00 11 / 07 / 2019|Caderno da crítica|

Publica unha nova novela Emma Pedreira. Trátase d´As fauces feroces, presentada segundo fontes editoriais como “un tapiz reflexivo sobre a maternidade, a sexualidade, a diversidade nos afectos e o libre albedrío. Unha composición feroz e íntima, desde o interior de catro mulleres que falan entre elas e sobre elas como o farían consigo mesmas, para [...]

Load More Posts