Ollo de Vidro

Inicio/Ollo de Vidro

About Ollo de Vidro

Este autor no presenta ningún detalle.
So far Ollo de Vidro has created 15 blog entries.

Conversa cun vello revoltado

2018-10-21T19:46:00+00:00 21 / 10 / 2018|Un ollo de vidro|

O tesouro de Lucio Demo Editorial publica en galego a biografía en cómic do anarquista navarro Lucio Urtubia.Demo Editorial, que ata o de agora publicara case exclusivamente autores galegos, apostou este verán por O tesouro de Lucio, un cómic do debuxante navarro Belatz que apareceu en galego ao mesmo tempo que Txalaparta o publicaba en [...]

O monstro de Srebenica

2018-09-30T13:30:00+00:00 30 / 09 / 2018|Un ollo de vidro|

El espíritu del escorpión. La máscara del genocida de SrebenicaO novo cómic do escritor vigués Fernando Llor relata a captura en 2008 do criminal de guerra Radovan Karadzic. O final do século XX trouxo consigo un dos episodios máis vergoñentos da historia de Europa, o conflito dos Balcáns, unha guerra longa e cruel que deixou tras [...]

Qadriños: Fantasía e ciencia ficción con sabor a fanzine

2018-08-30T05:01:00+00:00 30 / 08 / 2018|Un ollo de vidro|

A medida que se achega o verán, os fanzineiros poñen as máquinas a funcionar para poderen presentar os seus traballos en eventos de autoedición estivais como o Autobán da Coruña ou No Tengo Mamá de Vigo, ademais de aproveitar sinerxias con festivais coma Viñetas dende o Atlántico. De entre a variada oferta de fanzines aparecidos [...]

Vida e obra dun anarquista vigués

2018-08-17T19:01:00+00:00 17 / 08 / 2018|Un ollo de vidro|

Ricardo Mella. O home novoO terceiro traballo dos irmáns Xosé e Ramón Trigo recupera a figura do escritor anarquista Ricardo Mella. Malia existir consenso sobre a súa relevancia dentro do pensamento anarquista español, o tempo presente non garda unha lembranza especialmente viva da figura de Ricardo Mella (1861-1925). Vigués de nacemento, a súa foi unha vida [...]

Don Heck e a ominosa pegada de Lume Solar

2018-07-11T09:35:00+00:00 11 / 07 / 2018|Un ollo de vidro|

Os que somos vellos gardamos memoria da colección Pocket de Ases, aparecida a principios dos 80 e na que Bruguera publicou algunhas das cabeceiras superheroicas máis célebres de Marvel e DC, ademáis de clásicos do cómic de prensa norteamericano coma Flash Gordon, Mandrake, Prince Valiant ou The Phantom. Contemplada con ollos actuais, a colección era [...]

As paisaxes sombrías de Brais Rodríguez

2018-06-21T11:23:00+00:00 21 / 06 / 2018|Un ollo de vidro|

La chica con el sol en la cabeza e SombraTras A man do diaño, Brais Rodríguez regresa ao cómic experimental con dous traballos autoeditados.Brais Rodríguez só asomou ao circuíto comercial de banda deseñada nunha ocasión. Foi en 2011, con A man do diaño, cómic que gañou o Premio Castelao de BD e que foi publicado simultaneamente en [...]

Unha xeración perdida para o cómic en galego?

2018-06-04T11:47:00+00:00 04 / 06 / 2018|Un ollo de vidro|

1. A xeración Polaqia tomou o poder. Os nomes que sobresaen no presente da banda deseñada galega son os que se deron a coñecer hai case dúas décadas baixo o nome de Polaqia, un colectivo de creadores unidos por unha certa afinidade artística e, sobre todo, por unha filosofía común, que entre 2001 e 2011 [...]

Elipses e Sombras: As crónicas norcoreanas de Guy Delisle

2018-04-18T10:23:00+00:00 18 / 04 / 2018|Un ollo de vidro|

PyongyangRinoceronte Editora dálle un novo pulo á súa colección de Novela Gráfica cun clásico recente do cómic autobiográfico.A primeira década do século XXI caracterizouse, no que ao cómic atinxe, pola aparición de novos formatos de publicación e novas sensibilidades artísticas que transformaron o medio, abríndoo a un público lector que ata entón non se interesara [...]

Elipses e Sombras: Historia dun náufrago

2018-04-06T13:40:00+00:00 06 / 04 / 2018|Un ollo de vidro|

Alter-NativoAira Editorial incorpora a banda deseñada ao seu catálogo co primeiro traballo do ourensán Jorge Campos.Se hai uns poucos meses sabiamos do nacemento de Aira Editorial, un proxecto de edición radicado en Allariz e dirixido por César Lorenzo Gil, comprobamos agora que a banda deseñada, sempre tan necesitada de novos espazos de difusión, ten cabida [...]

Elipses e Sombras: Franquin anotado

2018-02-26T11:38:00+00:00 26 / 02 / 2018|Un ollo de vidro|

Franquin. QRN en BretzelburgDibbuks recupera unha aventura de Spirou do ano 1963 nunha edición idónea para apreciar o xenio do debuxante belga André Franquin.Spirou, personaxe icónico da BD franco-belga probablemente só superado en popularidade por Tintin, cumprirá en 2018 os oitenta anos. O aniversario coincide cun excelente momento no que á publicación dos seus cómics [...]

Load More Posts