Miro Villar

Inicio/Miro Villar

About Miro Villar

Este autor no presenta ningún detalle.
So far Miro Villar has created 96 blog entries.

Ramón Otero Pedrayo como «mestre» do poeta Antón Zapata García

2018-03-05T18:56:02+00:00 05 / 03 / 2018|As Crebas|

(Retrato nos anos da Segunda República. Fonte: Fundación Otero Pedrayo) Hai 130 anos, tal día coma hoxe, o 5 de marzo de 1888 naceu en Ourense o polígrafo Ramón Otero Pedrayo, finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976. E Otero Pedrayo foi o «mestre» para moitos escritores galegos de diversas promocións ou [...]

Artigo en QPC (XLIII): «As comarcas de Bergantiños e Fisterra na guía de viaxes francesa Joanne de 1890»

2018-03-02T15:46:24+00:00 02 / 03 / 2018|As Crebas|

(Alfred Germond de Lavigne, autor da guía, e Adolphe Joanne, responsable da colección de guías Joanne) Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para divulgar a presenza que tiveron «As comarcas de Bergantiños e Fisterra na guía de viaxes francesa Joanne de [...]

#Efeméride No 132 aniversario do nacemento do poeta Antón Zapata García

2018-02-26T15:38:36+00:00 26 / 02 / 2018|As Crebas|

Antón Zapata García naceu na parroquia de Santa María da Atalaia da mariñeira vila de Laxe (A Coruña) o día 26 de febrero de 1886, onde foi inscrito co nome de pía de Antonio Laureano, segundo consta na acta de nacemento que se conserva no Rexistro Civil da devandita localidade. Hai hoxe un ano reproducimos [...]

Memoria Literaria (XVII): No 30 aniversario da publicación do relato «Augas de silencio» (Edicións do Castro, 1988)

2018-02-14T10:41:04+00:00 14 / 02 / 2018|As Crebas|

Estes dous retallos de prensa de dúas datas de febreiro de 1988, que corresponden a senllas novas aparecidas nas edicións de Carballo (día 2) e de Ourense (día 10) do xornal La Voz de Galicia, testemuñan a data de edición da miña primeira obra literaria nun libro, de quitado de poemas ou artigos que apareceran [...]

Artigo en QPC (XLII): «A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (3ª parte)»

2018-02-09T12:46:32+00:00 09 / 02 / 2018|As Crebas|

 (Nerio. Boletín informativo do Concello. Segunda Época. Número 1. Corcubión, abril de 1985. Premer na imaxe para a lectura deste número completo) Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para divulgar «A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte [...]

Reclamo ou «Teaser» de promoción de Vértice de Versos, documentario de Carlos Lorenzo sobre as últimas xeracións poéticas de Galiza

2018-02-08T21:23:30+00:00 08 / 02 / 2018|As Crebas|

Teaser de Vértice de Versos from Carlos Lorenzo Pérez on Vimeo. Carlos Lorenzo Pérez, Técnico de Cultura do Concello de Carral, é o director, produtor e autor do guión, gravado pola cámara de Xosé Bocixa Rei, do documentario intitulado Vértice de Versos, en fase de lanzamento e que analiza polo miúdo e con varias entrevistas [...]

Adeus ao poeta Isidro Novo

2018-02-01T16:12:16+00:00 01 / 02 / 2018|As Crebas|

 (Isidro Novo le o poema «Flores de mentira», de Esteiro de noites falecidas, na canle de youtube da AELG) Deixounos Isidro Novo, quen malia ser autor de varios títulos de narrativa, literatura infanto-xuvenil ou ensaio, considerábase a si propio nomeadamente un poeta. De quitado de coincidirmos en actos literarios, non tivemos ocasión para un [...]

Camilo Díaz Baliño, mártir galego, nos versos de Xervasio Paz Lestón e Antón Zapata García

2018-01-30T15:51:45+00:00 30 / 01 / 2018|As Crebas|

 A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) instituíu o 30 de xaneiro como o Día da Ilustración, data do nacemento de Castelao, e que pretende lembrar a traxectoria dunha persoa abondo significada nese ámbito. Este ano de 2018, en colaboración coa Consellaría de Cultura, a AGPI decidiu centrar a súa homenaxe na obra [...]

Relatorio «Gonzalo López Abente, o “poeta do mar” das Irmandades da Fala», no volume No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos

2018-01-26T16:44:39+00:00 26 / 01 / 2018|As Crebas|

 (Premer no centro para ollar na pantalla completa) Veño de dispoñibilizar en aberto a través de ISSUU o meu relatorio «Gonzalo López Abente, o “poeta do mar” das Irmandades da Fala», que está incluído no volume de autoría colectiva intitulado No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos e que recolle de maneira literaria [...]

Adeus a Claribel Alegría. O poema «Dame tu mano amor» na súa voz

2018-01-25T20:28:19+00:00 25 / 01 / 2018|As Crebas|

 Esta semana foi triste para a Poesía. Se trasantonte finaba o poeta chileno da anti-poesía Nicanor Parra, esta tarde deixounos a poeta nicaraguano-salvadoreña Claribel Alegría. Que a Terra americana lles sexa leve! Como pequena homenaxe a Claribel, de quen citei uns versos nun dos meus textos, reproduzo a lectura do poema «Dame tu mano [...]

Load More Posts