Miro Villar

Inicio/Miro Villar

About Miro Villar

Este autor no presenta ningún detalle.
So far Miro Villar has created 83 blog entries.

Memoria Literaria (XVII): No 30 aniversario da publicación do relato «Augas de silencio» (Edicións do Castro, 1988)

2018-02-14T10:41:04+00:00 14 / 02 / 2018|As Crebas|

Estes dous retallos de prensa de dúas datas de febreiro de 1988, que corresponden a senllas novas aparecidas nas edicións de Carballo (día 2) e de Ourense (día 10) do xornal La Voz de Galicia, testemuñan a data de edición da miña primeira obra literaria nun libro, de quitado de poemas ou artigos que apareceran [...]

Artigo en QPC (XLII): «A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (3ª parte)»

2018-02-09T12:46:32+00:00 09 / 02 / 2018|As Crebas|

 (Nerio. Boletín informativo do Concello. Segunda Época. Número 1. Corcubión, abril de 1985. Premer na imaxe para a lectura deste número completo) Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para divulgar «A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte [...]

Reclamo ou «Teaser» de promoción de Vértice de Versos, documentario de Carlos Lorenzo sobre as últimas xeracións poéticas de Galiza

2018-02-08T21:23:30+00:00 08 / 02 / 2018|As Crebas|

Teaser de Vértice de Versos from Carlos Lorenzo Pérez on Vimeo. Carlos Lorenzo Pérez, Técnico de Cultura do Concello de Carral, é o director, produtor e autor do guión, gravado pola cámara de Xosé Bocixa Rei, do documentario intitulado Vértice de Versos, en fase de lanzamento e que analiza polo miúdo e con varias entrevistas [...]

Adeus ao poeta Isidro Novo

2018-02-01T16:12:16+00:00 01 / 02 / 2018|As Crebas|

 (Isidro Novo le o poema «Flores de mentira», de Esteiro de noites falecidas, na canle de youtube da AELG) Deixounos Isidro Novo, quen malia ser autor de varios títulos de narrativa, literatura infanto-xuvenil ou ensaio, considerábase a si propio nomeadamente un poeta. De quitado de coincidirmos en actos literarios, non tivemos ocasión para un [...]

Camilo Díaz Baliño, mártir galego, nos versos de Xervasio Paz Lestón e Antón Zapata García

2018-01-30T15:51:45+00:00 30 / 01 / 2018|As Crebas|

 A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) instituíu o 30 de xaneiro como o Día da Ilustración, data do nacemento de Castelao, e que pretende lembrar a traxectoria dunha persoa abondo significada nese ámbito. Este ano de 2018, en colaboración coa Consellaría de Cultura, a AGPI decidiu centrar a súa homenaxe na obra [...]

Relatorio «Gonzalo López Abente, o “poeta do mar” das Irmandades da Fala», no volume No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos

2018-01-26T16:44:39+00:00 26 / 01 / 2018|As Crebas|

 (Premer no centro para ollar na pantalla completa) Veño de dispoñibilizar en aberto a través de ISSUU o meu relatorio «Gonzalo López Abente, o “poeta do mar” das Irmandades da Fala», que está incluído no volume de autoría colectiva intitulado No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos e que recolle de maneira literaria [...]

Adeus a Claribel Alegría. O poema «Dame tu mano amor» na súa voz

2018-01-25T20:28:19+00:00 25 / 01 / 2018|As Crebas|

 Esta semana foi triste para a Poesía. Se trasantonte finaba o poeta chileno da anti-poesía Nicanor Parra, esta tarde deixounos a poeta nicaraguano-salvadoreña Claribel Alegría. Que a Terra americana lles sexa leve! Como pequena homenaxe a Claribel, de quen citei uns versos nun dos meus textos, reproduzo a lectura do poema «Dame tu mano [...]

Recensión a Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos, en Grial 216

2018-01-23T19:13:57+00:00 23 / 01 / 2018|As Crebas|

No mesmo último número, 216 (outubro, novembro, decembro do 2017) de Grial, Revista Galega de Cultura, e tamén na sección intitulada «O espello das letras» aínda asino unha outra recensión intitulada «Unha biografía alicerzada nunha abondosa documentación» para dar conta do libro Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos. Velaquí a miña [...]

Recensión ao poemario Mar da morte, de Santi Borrell, en Grial 216

2018-01-23T18:52:50+00:00 23 / 01 / 2018|As Crebas|

No último número, 216 (outubro, novembro, decembro do 2017) de Grial, Revista Galega de Cultura, que desde hai uns días xa anda polas librarías, e tamén se pode adquirir en edición dixital desde a propia páxina da Editorial Galaxia, asino na habitual sección intitulada «O espello das letras» unha recensión intitulada «A escura lembranza do [...]

Artigo en QPC (XLI): De “coreanos” a “faroleiros”. Unha cala sobre os alcumes da Costa da Morte no Portal de Ditados Tópicos Galegos

2018-01-17T14:19:55+00:00 17 / 01 / 2018|As Crebas|

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta un artigo para lembrar os dereitos civís neste remate dun ano especialmente grave na involución e no retroceso de moitos avances sociais conquistados. Velaquí este texto que tamén se pode ler nesta ligazón. De “coreanos” [...]

Load More Posts