marioregueira

Inicio/marioregueira

About marioregueira

Este autor no presenta ningún detalle.
So far marioregueira has created 12 blog entries.

Caetano, de novo na Galiza

2017-05-19T09:24:34+00:00 02 / 05 / 2017|Blog de Mario Regueira|

Teresa Cristina e Carlinhos Sete Cordas representaban unha viaxe ao pasado. A historia do samba pode percorrerse case sen equipaxe, só con voz e guitarra, así, aínda que botemos en falta a intro orixinal de Preciso me encontrar, Cartola e os seus letristas aparecían resucitados nunha actuación con poucos artificios. Tan sinxela que poderían trasladala...Continue [...]

Pasolini e os autobuses

2017-03-20T23:14:03+00:00 20 / 03 / 2017|Blog de Mario Regueira|

Alguén editara unhas listas de obxectivos da extrema dereita italiana dos anos setenta. Ou da operación Gladio, que viña sendo o mesmo. Un dos meus amigos comentábamo nunha cafetería de Barcelona. O que máis lle chamaba a atención é que, entre os tres primeiros nomes aparecía o de Pier Paolo Pasolini, como un obxectivo prioritario,...Continue [...]

Aeroporto Rosalía de Castro

2017-02-12T11:29:06+00:00 12 / 02 / 2017|Blog de Mario Regueira|

En Liverpool non hai un Auditorio John Lennon, pero si hai un aeroporto. No Rio de Janeiro un dos dous, o antigo Galeão, está dedicado Antonio Carlos Jobim, que o mencionaba en Samba do Avião e que, segundo parece, tiña ademais medo a voar (o outro está dedicado ao pioneiro da aviación Santos-Dumont, para compensar)....Continue [...]

Os mellores libros de 2016

2017-01-23T21:40:58+00:00 23 / 01 / 2017|Blog de Mario Regueira|

Unha vez que a maior parte das listas máis ou menos colaborativas foron saíndo á luz, quero deixar, igual que o xaneiro pasado, a miña impresión do ano literario en lingua galega. Como xa dixen, e imaxino que seguirei dicindo no futuro, isto é unha lista mínima e completamente persoal, que é a única forma...Continue [...]

Inglaterra prevalece

2017-05-19T09:25:45+00:00 24 / 06 / 2016|Blog de Mario Regueira|

Alan Moore imaxinouno a finais dos 80. Un Reino Unido que sobrevive a unha guerra nuclear que acentúa o seu illamento. Un goberno fascista e clerical que persegue calquera forma de disidencia. Conflitos territoriais en Escocia e políticos con apelidos galeses entre os dirixentes. V de Vinganza, a obra realizada xunto a David Lloyd trataba...Continue [...]

O nome dos escravos

2016-06-05T04:01:03+00:00 05 / 06 / 2016|Blog de Mario Regueira|

“Como me chamo?” “Como me chamo, Tío Tom?”. A pregunta, dirixida entre golpes a Terrell marcou un antes e un despois. Cassius Clay renunciara ao seu nome de escravo para ser coñecido como Muhammad Ali e demostraba de que xeito rompen os escravos as súas últimas cadeas. As minorías e as clases baixas non tardaron...Continue [...]

A resaca de maio

2016-05-31T21:25:56+00:00 31 / 05 / 2016|Blog de Mario Regueira|

O mes máis cru non é abril, senón maio, que é o mes das Letras Galegas. Cando acaba de pasar maio as cidades quedan igual que cando acaba de pasar o desfile dun circo con elefantes e majorettes desas que fan malabarismos co pau da bandeira. O chan está estrado de poemas de Manuel María...Continue [...]

As donicelas de deus

2016-05-04T21:23:37+00:00 04 / 05 / 2016|Blog de Mario Regueira|

O pasado 29 de abril unha donicela mordeu un cable nalgún lugar de Suíza e paralizou o experimento máis grande e relevante da historia da humanidade até o momento. O Colisor de Hádrons, hospedado nas instalacións do CERN, ten sufrido máis dun accidente de ton estraño algúns deles xusto en momentos claves. Se os primeiros...Continue [...]

Sorte

2016-04-30T01:15:39+00:00 30 / 04 / 2016|Blog de Mario Regueira|

Non é unha palabra que empregue a miúdo, precisamente por iso me sorprendín a min mesmo repetíndoa case a diario durante a miña viaxe polo norte da Gran Bretaña. E non de calquera xeito, senón como final de conversación, case como substitutiva das fórmulas de despedida. Non diga adeus nin até logo, diga sinxelamente sorte....Continue [...]

Camiño de Frongoch

2016-04-14T17:38:01+00:00 14 / 04 / 2016|Blog de Mario Regueira|

O norte de Gales é a día de hoxe un dos territorios máis periféricos e peor comunicados da illa de Gran Bretaña. Hai cen anos debía selo aínda máis, e sen dúbida por iso foi o lugar escollido polo goberno británico para situar un campo de prisioneiros que servise para hospedar os inimigos capturados na...Continue [...]

Load More Posts