folerpa

Inicio/folerpa

About folerpa

Este autor no presenta ningún detalle.
So far folerpa has created 10 blog entries.

O meu Long John Silver

2016-07-14T09:50:35+00:00 14 / 07 / 2016|Alfaias|

Agustín é o meu Long John Silver. O mesmo fascinio que sentiu Jim polo pirata tolleito sentino eu dende que o coñecín hai dez anos. Todo este tempo de encontros, agarimos e conversas foi como embarcarse na Hispaniola na procura da illa do tesouro. Agora, rematada esa extraordinaria viaxe xa para sempre, decátome que a [...]

O espello máxico

2017-05-19T09:26:03+00:00 04 / 06 / 2015|Alfaias|

    Foron os trobadores occitanos, curmáns afastados dos nosos Martín Códax, Mendiño e demais autores de cantigas de amor, amigo, escarnio e maldicir, os que hai seiscentos anos recuperaron a vella tradición romana dos xogos florais que logo se estenderían por terras catalás, valencianas e tamén galegas. O pobo romano celebraba estes xogos o [...]

A memoria é unha fraga.

2017-05-19T09:26:04+00:00 03 / 03 / 2015|Alfaias|

Unha fraga húmida e vizosa ateigada de lembranzas, na que cada árbore testemuña unha escena case esquecida no remuíño do noso pasado. Porque de árbore en árbore, de póla en póla, comezamos a percorrer o vieiro das nosas vidas. Dunha cerdeira a un carballo, dun bidueiro a unha maceira… Porque aínda que non o creamos, [...]

Mexillóns

2017-05-19T09:26:04+00:00 16 / 02 / 2015|Alfaias|

A primeira lembranza que teño do mexillón é un tractor. Un tractor que todos os veráns chegaba á casa dos meus avós. Un tractor que nos traía o mar varios quilómetros terra a dentro. O tractor envorcaba a carga do seu remolque na eira e axiña un feixe de moscóns e paxaros botábanse a ela. [...]

Disparen sobre o pianista

2017-05-19T09:26:04+00:00 22 / 02 / 2012|Alfaias|

                       Fomos moitos os que na distancia asistimos con certa ilusión e esperanza a última a Asemblea do BNG, sobre todo por algúns movementos previos, caso do manifesto da meirande parte dos seus alcaldes.             Partindo da base de que eran os seus militantes os que debían decidir democraticamente cal debía ser o camiño [...]

O voo da rola

2017-05-19T09:26:04+00:00 06 / 01 / 2012|Alfaias|

A nosa mellor amiga tivo unha vez un soño e tentou erguelo en Sargadelos, moi preto de onde Don Isaac ergueu o seu que logo lle roubaron. Moitos dirán que ela, eu non o penso, fracasou. Tentouno, puxo todo o seu empeño e esforzo, errou ás veces, acertou outras. Ao cabo o seu soño esluíuse [...]

Congreso Pereiro?

2017-05-19T09:26:04+00:00 11 / 12 / 2011|Alfaias|

Cando a RAG escolleu a Lois para dedicarlle  este día das letras todos o celebramos. Foi un ano de celebracións moi afortunado, espectacular, no que a sociedade civil celebrou a Pereiro á marxe das institucións dun xeitoque antes nunca se fixera con outro homenaxeado. Amigos, familia, compañeiros, loisistas puxeron todo e máis, e o ano [...]

Load More Posts