fernandeznaval

Inicio/fernandeznaval

About fernandeznaval

Este autor no presenta ningún detalle.
So far fernandeznaval has created 10 blog entries.

ENTRE O ACOUGO E A SOMBRA

2017-05-19T09:25:43+00:00 17 / 08 / 2016|A noite branca|

Amigas e amigos que durante catro anos vos achegastes este blog: levo varias semanas dándolle voltas á necesidade de escribir esta nota, pensando que algunha explicación debía a quen mantivo vivo este intercambio de emocións, de vivencias e de coñecemento, que pretendían ser os artigos que aquí se publicaban. A vós. Nestes últimos meses a [...]

MONTE PINDO: VELLAS IMAXES, RELATOS DA MEMORIA

2017-05-19T09:25:44+00:00 18 / 07 / 2016|A noite branca|

Estiven o venres en Guitiriz, participando no curso de verán A paisaxe como patrimonio, que cada ano a Universidade de Santiago de Compostela alí convoca, curso organizado por Roxelio Pérez Moreira e F. Javier López González. Non era a primeira vez que participaba, xa estivera noutra edición anterior falando das paisaxes do solpor. Nesta ocasión a [...]

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

2017-05-19T09:25:44+00:00 14 / 07 / 2016|A noite branca|

Onte pola tarde, xunto con Xosé Cobas, Ánxeles e Irene Penas, achegueime a Vigo. Iamos alá a despedir a unha persoa admirada e querida, Agustín Fernández Paz. Moita xente, chegada de todos os lugares de Galicia para dicirlle ata sempre ao amigo, mestre de mestres, docente sempre comprometido cunha profesión que amaba, escritor admirado que [...]

SOÑO E VÉRTICE

2017-05-19T09:25:44+00:00 09 / 07 / 2016|A noite branca|

Presentouse onte na Coruña, no local Portas Ártabras, da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, o libro Soño e vértice, co que Eva Veiga obtivo o premio de poesía Concello de Carral, na súa XVIII edición. Tamén estes días Eva comparte outro libro connosco, Silencio percutido, que case ao mesmo tempo obtiña o XXXI premio [...]

DESPUÉS DE LA OSCURIDAD. MARTA LÓPEZ LUACES

2017-05-19T09:25:45+00:00 28 / 06 / 2016|A noite branca|

Coñecín a Marta López Luaces en Nova York, no mes de outubro de 2014. Nese ano os dous participabamos no Festival de Poesía das Américas. Ela dá clases de literatura española e latinoamericana en Montclair State University. Pero naceu na Coruña, cidade á que regresa de cando en vez e na que nos vimos o [...]

CASTELO DE SAN CARLOS (II)

2017-05-19T09:25:45+00:00 21 / 06 / 2016|A noite branca|

Escríbeme o amigo Miro Villar para contarme, en relación co Museo do Castelo de San Carlos en Fisterra, que todo é peor do que eu dicía no artigo de onte. O Museo ou Centro de interpretación abre, pero sen Alexandre Nerium. O Castelo abriu as portas estes últimos veráns polo compromiso persoal de Alexandre, empeñado, [...]

CASTELO DE SAN CARLOS DE FISTERRA

2017-05-19T09:25:45+00:00 20 / 06 / 2016|A noite branca|

Díxomo a semana pasada Alexandre Nerium. Este ano non abrirá o Museo do Castelo de San Carlos de Fisterra. Museo ou centro de interpretación da pesca que, con tanto amor, Alexandre amosou durante anos. O Castelo, construído durante o reinado de Carlos III e situado sobre a praia da Ribeira, é un dos que mellor [...]

ITO FORMOSO E O MONTE LOURO

2017-05-19T09:25:47+00:00 07 / 06 / 2016|A noite branca|

No ano 2004 falecía o entón alcalde de Muros, Celestino Formoso Vidal, Ito, amigo entrañable a quen me unía unha fonda relación. Militaba no PSdG-PSOE e repetía como alcalde por segunda vez. As nosas diferenzas ideolóxicas non impedían a amizade. Falabamos e discutiamos moito. Na miña opinión Ito era alcalde próximo á xente, soñador de [...]

A FRASEOLOXÍA COMO EXPRESIÓN DE ESTILO

2017-05-19T09:25:48+00:00 04 / 06 / 2016|A noite branca|

Habendo unha petición, e pedindo perdón pola lonxitude, deixo aquí a miña comunicación do sábado pasado, en Trasalba, sobre a fraseoloxía como expresión de estilo. Vai sen imaxes. A bibliografía aparecerá na publicación que recollerá todas as comunicacións. A FRASEOLOXÍA COMO EXPRESIÓN DE ESTILO Entón hai unha cultura galega? …………………………………………………………. Disfrutou Galicia desde o amencer [...]

Load More Posts