dorestembras

Inicio/dorestembras

About dorestembras

Este autor no presenta ningún detalle.
So far dorestembras has created 10 blog entries.

Auga a través, por Patricia Meira

2017-05-19T09:25:23+00:00 28 / 12 / 2016|Blog de Dores Tembrás|

Verto aquí as palabras da poeta Patricia Meira sobre Auga a través, a plaquette que este outono publicou Apiario. Síntome emocionada, porque admiro o traballo de Meira e só podo recoller a súa lectura atenta , agradecéndollo co corazón: É unha cuestión de confianza. Saín cedo mercar o traxe de mergullo, dos semisecos, por aquelo da [...]

Quiñón

2017-05-19T09:25:29+00:00 13 / 11 / 2016|Blog de Dores Tembrás|

O ano pasado comezou a traballar comigo, no curso online de Apiario, un home de mar. Joaquín. Confeso que a miña relación co mar sempre foi distante dende o punto de vista poético, apenas hai referencias, e si un gran descoñemento. Asi llo dixen cando se matriculou. Confeso que neste encontro vin a posibilidade de achegarme a [...]

XIV Aniversario do Coro Cantabile

2017-05-19T09:25:44+00:00 16 / 07 / 2016|Blog de Dores Tembrás|

Quizais sexa pola escaseza de momentos así, polo extraordinario da elevación que nos sobrecolle, sen decatarnos. Onte, sentada, escoitando, pensaba en que tódolos tópicos son verdade, as voces “cristalinas” “celestiais” “anxelicais”. Hai tantos aspectos extraordinarios no que aconteceu onte no XIV Concerto de Aniversario do Coro Cantabile, que non sei se debo arriscarme a enumeralos. Comezando polo [...]

Rafael Cadenas na Coruña

2017-05-19T09:25:48+00:00 27 / 05 / 2016|Blog de Dores Tembrás|

O convite chegou dende /ABANCA e /AFUNDACIÓN, que organizaban unha serie de homenaxes ao poeta venezolano no noso país, despois de recoller o Premio García Lorca. En Santiago de Compostela xunto a Miriam Reyes, en Vigo xunto a Anxo Angueira e Manuel Bragado, e na Coruña na tarde onte, xunto a Luis Pousa e eu [...]

IX Semana de Poesía Salvaxe. Apuntamentos.

2017-05-19T09:25:49+00:00 17 / 04 / 2016|Blog de Dores Tembrás|

Nin a choiva omnipresente puido  restar un ápice de intensidade ao encontro. O venres á mañá collía o tren Coruña Ferrol, ese que dura 1:40 min. e que a cambio amosa as mellores vistas slow speed pasando por Betanzos e Pontedeume. Non había que camiñar máis de dez minutos dende a estación ata o Hotel [...]

De fotografía e cine con J. L. Guerín

2017-05-19T09:25:50+00:00 30 / 03 / 2016|Blog de Dores Tembrás|

Os que seguen serán uns apuntamentos-recordatorio da conversa lúcida desta tarde no Museo de Arte Contemporánea Fenosa da Coruña. A conversa, os puntos de orixe. O desexo e o tempo de espera. Os filmes desexables no poster que os condensaba, a apropiación daquela imaxe que representaría a película para sempre. Eisenstein. El prado de Bezhin. Fala [...]

Recital en Alcobendas

2017-05-19T09:25:52+00:00 22 / 02 / 2016|Blog de Dores Tembrás|

Apenas unhas palabras para o encontro que tivo lugar a semana pasada en Alcobendas, unha “xuntanza de galegos” que me agardaban para escoitar cun silencio grande que me impuxo moito. Estar alí, da man da querida e admiradísima Luz Pichel, coñecer a Pepe Ramos (queda pendente unha visita como poeta escoba no seu local), Óscar [...]

Conciliación vs realidade

2017-05-19T09:25:55+00:00 13 / 01 / 2016|Blog de Dores Tembrás|

Teño dous fillos. Van para 8 e 4 anos. (Non son os da foto, os da foto somos meu irmán e mais eu dentro do corraliño de margaridas.) Cando naceron tomei a decisión xunto á miña parella de crialos na casa ata o ano e medio. Son moitas as anécdotas que se acumularon destas dúas [...]

Escribir. Escrita. Escritora.

2017-05-19T09:25:55+00:00 10 / 01 / 2016|Blog de Dores Tembrás|

  Velaiquí deixo a última entrevista que me fixeron. O motivo: Ser escritora do mes na Asociación de escritores e escritoras en lingua galega. O prestixio. O silencio. A autoestrada asfaltada. A palabra. Agradecida. Source: Sucos: blog de Dores Tembrás

A escrita. O rito. A cerimonia

2017-05-19T09:26:04+00:00 22 / 03 / 2015|Blog de Dores Tembrás|

A resposta chegou por asalto, cunha mensaxe o día que me pai fixo os 69. Levaba tanto tempo aí, das entrevistas, dos amigos, a pregunta maldita. O rito, o ritual, o signo que marca o momento. Iso non estaba en min. Aprendino. Na casa a cerimonia ten unha potencia que resulta inútil describir. Na infancia [...]

Load More Posts