bretemas

Inicio/bretemas

About bretemas

Este autor no presenta ningún detalle.
So far bretemas has created 383 blog entries.

Onte 2021: A que arrecenden os libros?

2019-05-19T16:58:13+00:00 19 / 05 / 2019|Brétemas|

Concienciadas 1 | A que cheiran os libros? from Praza.gal on Vimeo. Gustoume moito a primeira entrega de Concienciadas, o novo espazo de Praza dedicado á divulgación científicca a cargo da médica Iria Veiga e Javier Balea. Trátase dun espazo de apenas tres minutos e medio de espírito youtubeiro e inequívoca intencionalidade didáctica sobre o [...]

Recuperar o liderado cultural

2019-05-19T16:36:02+00:00 19 / 05 / 2019|Brétemas|

Publico hoxe en Faro de Vigo un artigo breve nas páxinas dedicadas á campaña electoral, que me solicitaron para contextulizar os retos culturais do concello de Vigo: Tras varios mandatos nos que Vigo perdeu o seu liderado cultural, as prioridades do concello de Vigo en materia cultural pasan pola modernización na xestión das súas infraestruturas [...]

Onte 2020: «Feliz Idade» de Olgo Novo

2019-05-18T11:36:19+00:00 18 / 05 / 2019|Brétemas|

Dediquei a mañán de onte a ler devagariño Feliz Idade (Tambo, Kalandraka, 2019), o novo libro de poemas de Olga Novo. Dificilmente podería atopar mellor xeito de celebrar a proeza do bo Antonio Fraguas ou de vindicar a nosa lingua que coa lectura deste libro conmocionante, de espírito xeracional, outra achega extraordinaria dunha autora excepcional [...]

Onte 2019: Un decálogo para «Infamia» de Ledicia Costas

2019-05-15T16:27:37+00:00 15 / 05 / 2019|Brétemas|

Moito agradecín que Ledicia Costas e Fran Alonso me convidasen a acompañalos na presentación de Infamia no Instituto Camoens. Un acto no que tiven a oportunidade de expresar a miña admiración por unha autora excepcional e compartir a lectura dunha novela que aventuro marcará unha xeración de lectoras do noso tempo. Atrevinme a preparar un [...]

Antonio Fraguas, activista galeguista

2019-05-14T19:16:35+00:00 14 / 05 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a Antonio Fraguas, á figura homenaxeada este 17 de maio: Celebramos esta semana das Letras Galegas a proeza discreta de Antonio Fraguas Fraguas na recuperación da memoria da cultura popular galega. Nacido na parroquia de Santiago de Loureiro no concello pontevedrés de Cotobade en 1905, terra [...]

Onte 2018: O legado de Agustín

2019-05-13T19:45:28+00:00 13 / 05 / 2019|Brétemas|

A Consellaría de Cultura e Turismo anunciou onte que aceptara a doazón do fondo bibliográfico Agustín Fernández Paz. Unha colección de 5.000 volumes que estará dispoñible, na súa maior parte, na Biblioteca de Galicia, mais tamén no Museo Pedagóxico de Galicia e na Biblioteca Pública Municipal de Vilalba. Rematan así os traballos de catalogación dun [...]

Onte 2017: Gala do libro galego 2019

2019-05-12T16:54:27+00:00 12 / 05 / 2019|Brétemas|

Onte na Gala do Libro Galego recibín por estas Bretemas o premio ao Proxecto literario na rede. Recoñecíase así a traxectoria de escritura do blog nacido o 3 de xaneiro de 2005 coa intención de ensaiar a escritura hipertextual e facer crónica do meu traballo de edición. Un premio que agradecín o mellor que souben [...]

Vigo no espello do Porto

2019-05-07T17:44:07+00:00 07 / 05 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo as relacións da área metropolitana de Vigo coa do Porto: Non é novidade ningunha insistir na necesidade de que Vigo aproveitando a súa centralidade xeográfica priorice no seu proxecto estratéxico as súas relacións coas outras dúas grandes áreas metropolitanas da fachada atlántica, a do Norte, a [...]

Construír e habitar

2019-05-01T22:43:23+00:00 01 / 05 / 2019|Brétemas|

Dediquei o artigo da semana en Faro de Vigo ao libro Construir y habitar de Richard Sennet: Levo varios días prendido na lectura de Construir y habitar. Ética para la ciudad (Anagrama 2019), o ensaio máis recente de Richard Sennet sobre como deberían ser as cidades do futuro. Un texto de máis de catrocentas páxinas [...]

Load More Posts