bretemas

Inicio/bretemas

About bretemas

Este autor no presenta ningún detalle.
So far bretemas has created 409 blog entries.

Campo do Fragoso CCXXV

2019-08-18T07:48:06+00:00 18 / 08 / 2019|Brétemas|

CORAZÓN TAN BRANCO Un Celta aínda moi fóra de punto foi pouco rival para un Real Madrid que gañou con máis facilidade da prevista o encontro de apertura da liga en Balaídos. Unha derrota que, ademais dos méritos do cadro de Zinedine Zidane, se pode explicar tamén polas importantes ausencias coas que onte debutou o [...]

Novela negra viguesa

2019-08-14T18:20:40+00:00 14 / 08 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a reflexionar sobre a etiqueta da «novela negra viguesa» e  as políticas de lectura do concello de Vigo: A pesar de que acredito pouco na fiabilidade das etiquetas e clasificacións literarias, non nego o atractivo dalgunhas como a de «novela negra viguesa», reclamo utilizado tanto por [...]

Onte 2042: Aprende Banda Deseñada

2019-08-12T10:22:48+00:00 12 / 08 / 2019|Brétemas|

Pareceume unha excelente iniciativa de Xerais a publicación do libro de Kiko Da Silva Aprende Banda Deseñada con Fiz (2019). Unha obra de grande utilidade didáctica na que o autor vigués e director e fundador da Escola de BD «O Garaxe Hermético» presenta ao vivo os conceptos fundamentais dunha das belas artes nacida como tal [...]

Onte 2041: «Penumbra» de Daniel Landesa

2019-08-10T10:53:34+00:00 10 / 08 / 2019|Brétemas|

Agardaba dende hai tempo a publicación de Penumbra (Xerais 2019), o libro co que Daniel Landesa debuta na colección xuvenil Fóra de Xogo. Unha novela de xénero fantástico coa que o responsable da revista Criaturas explora os cinco territorios da Terra do Sol e o escuro reino da Penumbra, separados por un muro vixiado por [...]

Onte 2040: «Coñecendo a Astrid»

2019-08-09T10:04:15+00:00 09 / 08 / 2019|Brétemas|

Interesoume moito Unga Astrid (2018), distribuída en España como Conociendo a Astrid, o biopic sobre a escritora sueca Astrid Lindgren. Pernille Fischer Christensen ofrece un retrato dos anos de adolescencia e mcoidade de Lindgren, anteriores ao comezo da súa escrita, no que salienta o carácter feminista, rebelde e independente da autora de Pippi medias longas [...]

Onte 2039: Presentación de «Sementeira. Porträts» na Feira do Libro da Coruña

2019-08-08T12:31:56+00:00 08 / 08 / 2019|Brétemas|

Magnífico serán literario o de onte na Feira do Libro da Coruña, onde convocados por Luzes, participamos na presentación da edición alemá d’ Os libros arden mal, que fixo o coruñés Javier Gómez Montero, catedrático da Universidade de Kiel, e do libro Sementeira. Porträts de Manuel Álvarez e Manuel Rivas. A carpa Luisa Villalta quedou [...]

Hidria Segundo

2019-08-06T13:12:47+00:00 06 / 08 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a celebrar que o Hidria Segundo, o buque a vapor máis vello da península, conta con amarre no porto de Vigo: Despois de 14 anos de ter solicitada unha praza de atraque para embarque e desembarque de pasaxeiros, os armadores do «Hidria Segundo» conseguiron que o [...]

Onte 2038: «Memoria do silencio» de Eva Mejuto

2019-08-05T10:41:51+00:00 05 / 08 / 2019|Brétemas|

Seguindo o fío das lecturas ennobeladas da literatura do Holocausto en galego, hai outra serie de títulos moi útiles para a formación dun criterio literario entre o lectorado novo. Refírome a dous clásicos contemporáneos publicados por Kalandraka, O neno do pixama a raias de John Boyne, traducido por Daniel Saavedra e Diario de Ana Frank [...]

Onte 2037: Primo Levi a e necesidade primaria de contar

2019-08-04T10:26:18+00:00 04 / 08 / 2019|Brétemas|

Sempre gustei da imaxe da lectura que empregaba Agustín Fernández Paz para expresar que como as cereixas, unhas lecturas enguedellábanse noutras. Así tras a nota que publiquei onte sobre a edición galega de Se isto é un home, reparei en que me quedaran atrás dous libros que no seu momento, o verán de 1996, foran [...]

Onte 2036: «Se isto é un home» e a literatura do Holocausto en galego

2019-08-03T11:02:36+00:00 03 / 08 / 2019|Brétemas|

Dediquei os últimos días á lectura calma de Se isto é un home (Xerais 2019), a versión galega de Se questo é un uomo (1947), a estremecedora novela do Holocausto de Primo Levi. Unha tradución brillante de Xoán Manuel Garrido Vilariño, autor tamén dun epílogo esclarecedor sobre o percorrido vital e intelectual do autor italiano. [...]

Load More Posts