bretemas

Inicio/bretemas

About bretemas

Este autor no presenta ningún detalle.
So far bretemas has created 286 blog entries.

Defende a Galega

2018-11-20T22:23:34+00:00 20 / 11 / 2018|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao conflito na CRTVG arredor da posta en marcha da Lei de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia: Tras case catro décadas de autonomía, probablemente, os dous feitos máis relevantes até agora foron o ensino en galego e a creación dunha radio e televisión públicas [...]

Onte 1997: Lembranza de Xabier DoCampo en Lume

2018-11-18T20:13:33+00:00 18 / 11 / 2018|Brétemas|

Viaxamos onte á Coruña para participar na homenaxe a Xabier DoCampo organizada pola Libraría Lume. Durante case dúas horas, ao mediodía, á mesma hora na que se celebraba a tertulia á que acudiu Xabier durante dúas décadas, máis de medio cento de amigos e amigas recordamos unha figura humana irrepetible, que non pode ser esquecida, [...]

Onte 1996: Encontro pola Cultura

2018-11-17T19:23:48+00:00 17 / 11 / 2018|Brétemas|

Confeso que non agardaba que se ateigase o amplo salón de actos do IES Politécnico no Encontro pola Cultura organizado onte polo Ateneo Atlántico e outras entidades culturais viguesas. Unha convocatoria cidadá na que se pretendía tomarlle o pulso a situación actual da cultura en Vigo abrindo tres liñas de reflexión: a xestión e os [...]

Outonía

2018-11-08T16:24:54+00:00 08 / 11 / 2018|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en «Faro de Vigo» a celebración do día de San Martiño, cos seus magostos e trompos ao camiño: Son estes días de Outonía. Arrefría e chegaron as chuvias. A castañeira ofrece os seus cornetes de bullós na Praza da Farola, esa que o concello debía fixar no seu rueiro como [...]

Onte 1994: Premios da Crítica de Galicia 2018

2018-11-04T17:31:46+00:00 04 / 11 / 2018|Brétemas|

Entregamos onte os Premios da Crítica de Galicia 2018. Pareceume unha excelente colleita, probablemente expresión da grande diversidade actual da nosa creación cultural como dos  esforzos de incorporación á tradición destes premios da cultura vinculada coas ciencias e coa tecnoloxía. Aí temos o premio de Investigación outorgado a José Luis Mascareñas, un científico internacional no [...]

Onte 1993: «Michigan / Acaso Michigan» crónica de 18 días en coma

2018-10-28T23:10:33+00:00 28 / 10 / 2018|Brétemas|

Entre a amplísima e diversa oferta de Xerais para este outono, que non podo máis que recomendar vivamente, sei que vai impactar Michigan / Acaso Michigan, un libro abraiante de Antón Reixa no que, tras o seu accidente de tráfico do 27 de outubro de 2016, cando viaxaba de Galicia a Madrid, recolle a crónica de 18 [...]

Onte 1992: Rosa Aneiros, Premio Agustín 2018

2018-10-28T18:54:15+00:00 28 / 10 / 2018|Brétemas|

Viaxamos onte a Vilalba para participar no xurado da IIª edición do Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, convocado polo IESCHA e o concello de Vilalba, coa colaboración de Xerais. Entre a ducia das obras presentadas, as tres persoas do xurado, a escritora María Reimóndez, a tradutora Isabel Soto e [...]

Onte 1991: «Mamá, quero ser Ziggy Stardust» de Iria Misa

2018-10-27T18:06:52+00:00 27 / 10 / 2018|Brétemas|

Viaxamos onte a Baiona para acompañar a Iria Misa na presentación da súa terceira novela, Mamá, quero ser Ziggy Stardust, xunto a Alba Barreiro, ilustradora do libro. O pub Bidendum quedou pequeno para acoller a máis dun cento de persoas que seguiron a conversa da autora e da ilustradora con Cristina Palacios, presidenta da Arelas (Asociación [...]

Onte 1990: «Máis que ver», con Pepe Barro en Compostela

2018-10-26T17:35:09+00:00 26 / 10 / 2018|Brétemas|

Acompañei onte a Pepe Barro na presentación en Couceiro de Compostela de Máis que ver, o libro onde recolleu cen historias do deseño en Galicia. Pepe Barro aproveitou para presentar catro desas historias máis compostelás, as referidas ao paso do rolo ao códice, presente no Pórtico da Gloria, un proceso de hibridación semellante ao que [...]

Load More Posts