Armando Requeixo

Inicio/Armando Requeixo

About Armando Requeixo

Este autor no presenta ningún detalle.
So far Armando Requeixo has created 52 blog entries.

Tabela dos libros. Decembro 2017

2017-12-05T07:03:48+00:00 05 / 12 / 2017|Criticalia|

Cos primeiros do mes, chega a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas. Nota bene: Os máis recomendados obtivéronse a partir da suma dos votos de cada [...]

Ser da Illa

2017-11-27T08:05:52+00:00 27 / 11 / 2017|Criticalia|

Teño para min que a voz de Josep Lluís Aguiló é unha das máis sonoras da poesía en lingua catalá dos últimos lustros. Libros como L’estació de les ombres (2004), Monstres (2006) ou Llunari (2008) confirman o que digo, como tamén o fan os numerosos galardóns que recibiu e as abondosas traducións das que foi [...]

Inquietante enigma

2017-11-15T10:29:19+00:00 15 / 11 / 2017|Criticalia|

Lin con auténtica fruición A virxe das areas, a novela que o eumés Antonio Manuel Fraga publicou coas ferrolás Edicións Embora. Había tempo que seguía a pista deste narrador, quen xa deu a coñecer para o lectorado infantoxuvenil títulos tan interesantes como O castañeiro de abril (2013), Xildas (2013) ou Tártarus (2016), facéndose non hai [...]

Tabela dos libros. Novembro 2017

2017-11-06T06:53:44+00:00 06 / 11 / 2017|Criticalia|

Co primeiro luns do mes, chega a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas. Nota bene: Os máis recomendados obtivéronse a partir da suma dos votos de [...]

Memoria oxidada

2017-10-31T07:38:24+00:00 31 / 10 / 2017|Criticalia|

“A memoria tamén se oxida/ pero existe”. Tal afirma a poeta Míriam Ferradáns en Nomes de fume, libro de versos co que gañou recentemente o Premio de Poesía Xosé María Pérez Parallé e que agora ve luz da man de Espiral Maior. O volume ten algo de bautizo, pois é o primeiro que a súa [...]

Outros sapos, outras sereas

2017-10-24T08:40:03+00:00 24 / 10 / 2017|Criticalia|

Unha das sorpresas máis refrescantes desta fin de curso foi para min a lectura de Sapos e sereas, o volume de relatos co que se estrea Ana Cabaleiro, coñecida xornalista a quen debemos interesantes ensaios sobre contracultura e ciberactivismo artístico. Catro contos e un epílogo constitúen a cerna deste libro que publica Galaxia, un mangado [...]

O Premio Planeta 2017 ―Un graal para atravesar o lume―

2017-10-23T08:00:07+00:00 23 / 10 / 2017|Criticalia|

En plena erupción do volcán político catalán, chegou o Premio Planeta. Esta edición ―a sesaxésima sexta― caracterizouse no literario polo récord de participación, que elevou o número de novelas presentadas aos 634 orixinais, unha cifra estratosférica, que dá idea da popularidade masiva que acompaña o certame dende hai moitos anos. Mais non cabe dúbida de [...]

Onomástica & Co.

2017-10-15T08:06:37+00:00 15 / 10 / 2017|Criticalia|

Paula Carballeira é un deses escasos nomes que nunca defraudan. Un novo libro seu no mercado ha ofrecer sempre alicientes abondos para poder consideralo como ben recomendable, por iso cada vez que entra pola porta unha obra súa póñoa de man para debrocarme nela en canto teña o mínimo vagar.  Así fixen tamén con Bruxa [...]

Palabras de cinza

2017-10-03T07:30:53+00:00 03 / 10 / 2017|Criticalia|

A biblioclastia, tamén coñecida como biblioclasmo ou bibliolitia, é o extremo máis temible da bibliofobia, pois non só se odian, cunha aversión feroz, os libros, senón que se ten vontade de destruílos a través do lume. Desafortunadamente, a Historia ten contemplado frecuentes casos de biblioclastia. Hai 3500 anos Akhenatón, o coñecido como Faraón Herexe, mandou [...]

Load More Posts