antoniomfraga

Inicio/antoniomfraga

About antoniomfraga

Este autor no presenta ningún detalle.
So far antoniomfraga has created 18 blog entries.

A Liga da Xustiza Pirola

2017-10-12T13:42:05+00:00 12 / 10 / 2017|O Lugar do Sapo|

A Liga da Xustiza Pirola é unha organización secreta, mais non os seus feitos. Se esperades ver unha escena como esta… Abran a porta á L.X.P.! Nesta casa estase a socavar unha masculinidade! …sabede que non vai acontecer. Os seus métodos son outros, máis 2.0. Arrincan pelos do peito e convértenos en frechas dixitais, en [...]

Mother!

2017-10-07T13:31:24+00:00 07 / 10 / 2017|O Lugar do Sapo|

Onte fun ver Mother! Tíñalle ganas. Como sempre que acabo de ver un filme de Arofnosky, non sei se me pareceu unha obra mestra ou unha bosta pretensiosa do tamaño da Cidade da Cultura. O que nunca me deixa é indiferente. Tras repousar o visto unhas horas e debater comigo mesmo, cheguei ás seguintes conclusións: [...]

Grazas a Inditex A Coruña é menos paleta

2017-09-25T10:47:24+00:00 25 / 09 / 2017|O Lugar do Sapo|

O xigante da moda xerou unha onda de estupidez premium que mellorou a calidade do postureo coruñés. Dun tempo a esta parte todos os camiños da Coruña conducen a Inditex. Por que abren bares que realmente son escenarios de Instagram? Por que as inmobiliarias especulan aínda máis cos alugueiros dos pisos? Por que se ouve [...]

Estiu 1993

2017-09-24T13:32:22+00:00 24 / 09 / 2017|O Lugar do Sapo|

Esta semana, por fin, puiden ver Estiu 1993. Meses atrás, cando a programaran no Númax, non tivera a oportunidade de me achegar a Compostela. Porén, ao ser a longametraxe elixida pola Academia de Cine para os Óscar, a súa distribución acadou unha nova vida. Estiu 1993 é un filme xigante na súa pequenez. Frida (Laia [...]

María Victoria Moreno, Día das Letras Galegas 2018

2017-06-17T14:40:43+00:00 17 / 06 / 2017|O Lugar do Sapo|

Foto do pasaporte que retiraron a María Victoria Moreno por dar clases de galego nos últimos anos da dictadura. Fonte: culturagalega.org (arquivo da familia de María Victoria) Alégrome, de corazón, polo nomeamento de María Victoria Moreno como autora a homenaxear no Día das Letras Galegas 2018. Se cadra por ser eu un aburrido –e orgulloso [...]

18 razóns (desesperadas) para falar galego na Coruña

2017-05-19T09:24:33+00:00 05 / 05 / 2017|O Lugar do Sapo|

Para ver a cara dos camareiros cando lles pides “un café con leite morno” ou “milfollas de sobremesa”. Para contaxiar a outros falantes. Si, falar galego pode ser contaxioso. Talvez non tanto como a mononucleose ou a clamidia, mais si como un catarriño leve. Para que os taxistas te chamen “galleguista” cando lles pides que [...]

As crónicas de Landereina: Sangue de Lúa

2017-05-19T09:25:07+00:00 07 / 03 / 2017|O Lugar do Sapo|

Deixo no Lugar do Sapo a recensión que fixen do libro de Sabela González para a sección da web da OEPLI Este libro encantoume. Berenguela e Güenela conseguiron a apócema coa que poderán destruír a Pedra de Lúa. Porén, fuxir de Svörie, a illa dos sabios, e chegar até a capital do reino de Landereina [...]

Europa Express

2017-05-19T09:25:37+00:00 12 / 09 / 2016|O Lugar do Sapo|

Partillo no Lugar do Sapo a recensión que fixen desta obra de Andrea Maceiras para a sección da web da OEPLI Este libro encantoume. Cuberta realizada por Antonio Seijas Sete mozos percorren Europa en Interrail ao finalizar o Bacharelato. Un deles, Nico, retorna a Bergen dez anos despois. Alí bate cunha postal que revirará a [...]

Load More Posts