Antonio Reigosa

Inicio/Antonio Reigosa

About Antonio Reigosa

Este autor no presenta ningún detalle.
So far Antonio Reigosa has created 92 blog entries.

Josefa Yáñez Dobarro, unha mindoniense na revolución cubana

2019-03-12T17:48:03+00:00 12 / 03 / 2019|Caderno de campo|

Josefa Yáñez Dobarro. Foto: Quintela Josefa Yáñez Dobarro naceu no lugar de Cotarelo, parroquia de Santa María Maior, Mondoñedo (Lugo), o 13 de maio de 1875. Casou con Manuel Basanta e emigrou a Cuba en 1911 ou 1912, un tempo despois do seu esposo. Vivían nos arrabaldes da Habana, no barrio de El Globo, en [...]

O primeiro artigo de Cunqueiro en La Voz de Galicia

2019-03-03T09:34:09+00:00 03 / 03 / 2019|Caderno de campo|

La Voz de Galicia publicaba o sábado, 18 de outubro de 1930, dúas páxinas, a cuarta e a quinta, baixo o título xeral “Mondoñedo, la histórica ciudad, honra a súa santo patrono”. Advirtamos para servir a curiosidade de distraídos lectores ou lectoras que non é San Lucas nin foi nunca patrón de Mondoñedo, non por [...]

A Casa Museo Álvaro Cunqueiro

2019-02-24T19:03:52+00:00 24 / 02 / 2019|Caderno de campo|

“Mondoñedo: mito“ En Mondoñedo celebramos como un milagre a inauguración da Casa Museo Álvaro Cunqueiro e compartimos a nosa ledicia cos admiradores da súa obra. Ponse así cabo a unha vella aspiración da tribo mindoniense, a de dispor dun lugar onde convidar a lectores, investigadores e curiosos da memoria do gran xenio das letras galegas [...]

O libro da Cova do rei Cintolo

2019-02-03T11:35:42+00:00 03 / 02 / 2019|Caderno de campo|

Onte, 2 de febreiro, á noitiña, asistín con verdadeira curiosidade á presentación do libro ‘A Cova do Rei Cintolo de Mondoñedo’, da autoría de Xurxo Lorenzo e Javi Fouz, editado polo concello de Mondoñedo en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingúística. Non fun o único. O salón de plenos da casa do concello estaba [...]

A memoria das árbores

2019-02-03T09:47:28+00:00 03 / 02 / 2019|Caderno de campo|

Pregón Festa da Árbore 2019 (450 aniversario 1569-2019 da Primeira Festa da Árbore). Mondoñedo, 2 de febreiro de 2019 A primeira Festa da Árbore Hoxe celebramos un aniversario único, moi importante. O 4 de febreiro de 1569, aquí, en Mondoñedo, nesta mesma Alameda, tivo lugar por primeira vez na historia un acto público co obxectivo [...]

A primeira Festa da Árbore #Mondoñedo1569/2019

2019-01-29T08:48:06+00:00 29 / 01 / 2019|Caderno de campo|

<O 2 de febreiro conmemoramos en Mondoñedo, na Alameda dos Remedios, o 450 aniversario da primeira Festa da Árbore da historia. Eran os tempos do poderoso rei Felipe II, aquel con frontes de guerra abertas no Atlántico cos británicos, no Mediterráneo cos turcos e nos Países Baixos contra …;  ano no que se preparaba a [...]

Mondoñedo, grazas

2019-01-09T19:02:07+00:00 09 / 01 / 2019|Caderno de campo|

Ás veces, tamén en Mondoñedo, o silencio estoura en berros de dor e morte. Iso foi o que aconteceu aquela mañanciña do 11 de xaneiro de 1938 cando elementos fascistas e gardas civís asasinaron a traizón, con nocturnidade e aleivosía, a Graciano Paz, Siervo González e Manuel Rodríguez. Tres homes bos dos que deberamos lembrar, [...]

A Graciano, Siervo e Manuel, in memoriam

2019-01-08T22:36:25+00:00 08 / 01 / 2019|Caderno de campo|

A memoria non perturba a paz dos cemiterios. Ao contrario, ilumina coas verdades que botábamos en falta un pasado escurecido a mantenta, ademais de escorrentar medos e aliviar simbolicamente a silenciada dor das vítimas. A memoria é semente necesaria para construírmos presentes e futuros liberados dos erros de tráxicos pasados. Eliminar a historia ou guerrear [...]

Homenaxe a Siervo González, Manuel Núñez e Graciano Paz

2019-01-02T10:56:31+00:00 02 / 01 / 2019|Caderno de campo|

Mondoñedo, sábado 12 de xaneiro de 2019 Autor: Caxigueiro O sábado 13 de xaneiro homenaxeamos en Mondoñedo a Graciano Paz, Siervo González e Manuel Núñez, tres veciños de ben, asasinados hai 81 anos na nosa cidade polo seu compromiso coa causa da democracia e da xustiza social.  PROGRAMA 12:00h. Inauguración dun monólito na súa lembranza no parque a [...]

Load More Posts