Antonio Reigosa

Inicio/Antonio Reigosa

About Antonio Reigosa

Este autor no presenta ningún detalle.
So far Antonio Reigosa has created 31 blog entries.

Centenario da homenaxe de Cántigas da Terra a Pascual Veiga

2017-10-18T09:18:27+00:00 18 / 10 / 2017|Caderno de campo|

O 22 de outubro de 2017 Cántigas da Terra volve a Mondoñedo para facer memoria do que pasou na mesma data de hai cen anos cando os coruñeses acudiron render homenaxe a Pascual Veiga. O autor da Alborada e do Himno era considerado polas Irmandades da Fala, en palabras de Lois Peña Novo “o precursor [...]

Centenario da Irmandade da Fala mindoniense

2017-10-09T15:08:15+00:00 09 / 10 / 2017|Caderno de campo|

Segundo a crónica de El Noroeste (26.10.1917) o elocuente discurso pronunciado por Lois Peña Novo en representación da Irmandade da Fala da Coruña, xunto á aplaudida actuación do coro Cántigas da Terra, na homenaxe a Pascual Veiga que tivo lugar en Mondoñedo na mañá do día 23 de outubro de 1917, provocou que se constituíse [...]

Dona Urraca, nas orixes de Mondoñedo

2017-09-14T08:07:53+00:00 14 / 09 / 2017|Caderno de campo|

Dona Urraca, Museo do Prado (Carlos Múgica, 1857) Dona Urraca I (1081-1126) merecería, en xustiza, ser recoñecida como fundadora de Vilamaior de Brea (actual Mondoñedo) pois foi ela a que autorizou o 1 de marzo de 1117, sendo bispo Nuño Alfonso, a migración da sede bispal desde San Martiño a “in loco vallibriensi”. Traslado que [...]

Mondoñedo É… cine

2017-09-12T16:36:19+00:00 12 / 09 / 2017|Caderno de campo|

Homenaxe a Victoriano López García A 39 edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, a celebrar nesta cidade entre o 18 e o 23 de setembro de 2017, homenaxea ao mindoniense Victoriano López García. (Ver PROGRAMA) Victoriano López García O día 22 de setembro, ás 18:00 h. presentarase na Deputación de Lugo unha publicación [...]

J. Pedro Gómez, pintor de afectos

2017-08-19T23:43:15+00:00 19 / 08 / 2017|Caderno de campo|

Tardiña do oito de agosto de 2017, en Mondoñedo, na hora en que sobre as vedrañas pedras mindonienses comeza a barruzar o solpor. O sol vaise espindo de entusiasmos febrís e a tarde dilúese en claroescuros sen que a xente que habita as terrazas pareza interesada no que pasa. Unha néboa branca e delicada, que [...]

O xuíz Pérez Fontán, vítima da gripe de 1918

2017-08-07T17:26:07+00:00 07 / 08 / 2017|Caderno de campo|

Hai personaxes esquecidos inxustamente. Un deles é Fernando Pérez Fontán e Villarroel,  xuíz en Mondoñedo entre os anos 1914 e 1918. Nacera na Coruña, cidade na que comezou a exercer a avogacía en 1903. Casado con Avelina Díez de Ure foi nomeado xuíz de primeira instancia con destino en Villafranca del Bierzo, axiña trasladado primeiro [...]

Mondoñedo, Paraíso da Fantasía

2017-07-26T08:28:13+00:00 26 / 07 / 2017|Caderno de campo|

Todo o mundo sabe que Mondoñedo está nun val que se asemella a “unha man a medio abrir”, así llo pareceu a Manuel María, ou a unha “cunquiña deleitosa, onde todo frolece e todo medra”, segundo o venerable mestre e referente ético, Manuel Leiras Pulpeiro. Álvaro Cunqueiro confirmounos en letra impresa que, efectivamnente, Mondoñedo señorea [...]

Presentación do libro: Celebración de Mondoñedo

2017-07-20T15:47:26+00:00 20 / 07 / 2017|Caderno de campo|

  Celebración de Mondoñedo  (Pregóns, estampas, retratos e artigos varios 2006 – 2016)  Edicións Embora, 2017 A inmensa maioría destes textos foron publicados entre os anos 2006 e 2016 en diferentes datas en xornais como El Progreso, El Progreso (A Mariña), La Voz de Galicia (Lugo), La Voz de Galicia (A Mariña), A Voz do Masma, [...]

O Son da Paula

2017-07-04T08:49:31+00:00 04 / 07 / 2017|Caderno de campo|

Como cada xuño chega puntual á miña caixa de correo o número correspondente ao curso 2016/2017 de “O Son da Paula”, a revista escolar do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo. Un exemplar abondoso en páxinas, fermoso de presentación, denso en contidos, profundo e lúcido de ideas; un espello onde se proxecta nidio o sentir [...]

Load More Posts