Antonio Garcia Teijeiro

Inicio/Antonio Garcia Teijeiro

About Antonio Garcia Teijeiro

Este autor no presenta ningún detalle.
So far Antonio Garcia Teijeiro has created 241 blog entries.

"DA CARAPUCHIÑA VERMELLA AO SEÑOR LAMOTE", TEXTO DE CHUS PEREIRO NA PRESENTACIÓN EN VIGO

2019-11-15T13:43:00+00:00 15 / 11 / 2019|Versos e aloumiños|

Dá gusto escoitar a Chus Pereiro. Mestra de E.P. leva ben anos arredor do mundo da lectura, da literatura e do teatro.          Precisamente, convén salientar dúas pezas publicadas na colección Merlín (Ed. Xerais) que demostran as súas inquedanzas teatrais: ¡Mamasiña, que medo! e Restaurante Farruco.          Chus PereiroCompartiu palestra hai uns días con Manuel [...]

REMUÍÑO DE LIBROS (65) "Agora non, Bernardo", de David McKee

2019-11-11T13:29:00+00:00 11 / 11 / 2019|Versos e aloumiños|

TÍTULO: Agora non, Bernardo.AUTOR: David McKee.TRADUCIÓN: Xosé Manuel González.EDITORIAL: Kalandraka. Colección: Tras os montes.O ilustrador e escritor inglés, David McKee, creador do coñecido elefante de cores Elmer e toda unha colección coa que os lectores máis novos continúan a gozar á vez que son quen de percibir outra ollada do mundo circundante, preséntanos Agora non, [...]

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO NO CÍES PODCAST, OUTUBRO DE 2019

2019-11-07T17:59:00+00:00 07 / 11 / 2019|Versos e aloumiños|

Hai uns días, Antonio García Teijeiro pasou polos estudios do CÍES Podcast que dirixen e presentan en Vigo os xornalistas Rafa Valero e Guada Guerra. Nesta ocasión, a interesante e sempre agradable conversa entre os tres xirou arredor da recenta visita de Antonio aos Estados Unidos, onde, entre outras cousas, pronunciou unha conferencia sobre a [...]

A BUTACA DO LECTOR (6): "La muerte de Ulises", de Petros Márkaris

2019-11-04T18:45:00+00:00 04 / 11 / 2019|Versos e aloumiños|

O lector coñeceu a Petros Márkaris porque lle falou del o seu amigo, o admirado Agustín Fernández Paz: “É unha novela negra diferente, comprometida e moi deste tempo”, díxolle o escritor de Vilalba.O lector, coma sempre, fixo caso da recomendación e comezou a ler algunhas novelas deste escritor nacido en Estambul en 1937. Chamoulle a [...]

"BICOS E NON BALAS" ESTARÁ PRESENTE NAS ESCOLAS VIGUESAS POR INICIATIVA DO CONCELLO DE VIGO

2019-10-28T13:03:00+00:00 28 / 10 / 2019|Versos e aloumiños|

A nova antoloxía poética de Antonio García Teijeiro, Bicos e non balas (Galaxia, 2019), que contén textos de temática pacifista e contraria a calquera tipo de violencia, terá presenza nas aulas das escolas viguesas grazas a unha iniciativa do Concello de Vigo, que distribuirá un milleiro de exemplares da obra en varios centros escolares da [...]

"COMO TÚ", UN PROXECTO QUE FAI LITERATURA DA IGUALDADE E DENUNCIA A VIOLENCIA MACHISTA

2019-10-24T19:20:00+00:00 24 / 10 / 2019|Versos e aloumiños|

É unha lacra que a min persoalmente me encolle o corazón. Non só existe unha terrible desigualdade entre homes e mulleres, da que elas son as vítimas principais, senón que a violencia machista segue a cobrarse novas vidas.     Cada pouco tempo aparece nos periódicos outra tráxica morte dunha muller –de distintas idades- polas mans da [...]

A BUTACA DO LECTOR (5) "Tres minutos no aire", de Miguel Anxo Murado

2019-10-22T17:14:00+00:00 22 / 10 / 2019|Versos e aloumiños|

Dende que o lector lera Ruído e O soño da febre ficou engaiolado pola prosa de Miguel Anxo Murado. Fin de século en Palestina rematou por agrandar, máis se cadra, a admiración pola obra do escritor lucense.     De aí que, cando viu Tres minutos no aire na librería, non tardou en mercalo e volver a [...]

ESCAPARATE POÉTICO (CXXI) Chus Pato

2019-10-15T12:55:00+00:00 15 / 10 / 2019|Versos e aloumiños|

                                             CHUS PATO (Ourense, 1955)Seriamenteaquísó estamos nósas que non podemos ser ouvidas nin ser vistassostéñennos as oxivasimos en tren e dicimosChus Pato  (Foto de Xoel Gómez)¡¡¡ adeus, adeus!!!imos esbarroando en castelos enormesou fragase nos [...]

A BUTACA DO LECTOR (4): "Conta nove estrelas", de Andrea Maceiras

2019-10-10T16:11:00+00:00 10 / 10 / 2019|Versos e aloumiños|

O lector nunca deixa pasar a oportunidade de ler cada nova obra que Andrea Maceiras tira do prelo. E Conta nove estrelas Non ía ser a excepción. De feito, non o foi. Gústalle ao lector o mundo literario desta escritora coruñesa que ateiga de humanidade cada novela que publica.     Por iso, o lector deixouse levar, [...]

REMUÍÑO DE LIBROS (64) "Somos os monstros", de Paula Carballeira

2019-10-07T12:14:00+00:00 07 / 10 / 2019|Versos e aloumiños|

TÍTULO: Somos os monstros.AUTORA: Paula Carballeira.ILUSTRACIÓNS: Ignacio Hernández.EDITORIAL: AGADIC e Edicións Xerais. Colección:Biblioteca Dramática Galega.Somos os monstros é unha obra teatral que foi coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais, a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e Edicións Xerais de Galicia, na colección Biblioteca Dramática. Esta obra vén avalada por ser [...]

Load More Posts