Antonio Garcia Teijeiro

Inicio/Antonio Garcia Teijeiro

About Antonio Garcia Teijeiro

Este autor no presenta ningún detalle.
So far Antonio Garcia Teijeiro has created 241 blog entries.

VERSOS E ALOUMIÑOS deséxavos un Ano 2020 cheo de luz e de xustiza social cun texto de Antonio García Teijeiro

2019-12-24T13:17:00+00:00 24 / 12 / 2019|Versos e aloumiños|

O                               VERSOS E ALOUMIÑOS deséxavos...O neno recolleu do chanunha camelia branca, branca.A nena ollou cara ao ceo eimaxinou unha pomba branca, branca.Ámbolos dous pousaron as súas olladasno horizonte.Ao principio, tiveron medo.Mais logo, colléronse da man eprincipiaron unha andaina cara adiantecoa certeza [...]

ESCAPARATE POÉTICO (CXXII) Gonzalo Hermo

2019-12-20T12:55:00+00:00 20 / 12 / 2019|Versos e aloumiños|

                               GONZALO HERMO (Taragoña. Rianxo, 1987)O PÁRAMO ábrese entre a uzvai deixando paso á forma da planicie.Nós contamos con calma as criaturas do bosqueGonzalo Hermo (abc.es)facemos catálogos extensos de cifras e ausencias.Dalgunha maneira, interpretamos.Pero o espectro da paisaxe é un camino [...]

NOVA COLABORACIÓN DE ANTONIO G. TEIJEIRO NO CÍES PODCAST: NA COMPAÑA DE… Rafael Alberti

2019-12-17T18:36:00+00:00 17 / 12 / 2019|Versos e aloumiños|

Esta semana cúmprense 117 anos do nacemento de Rafael Alberti, e por iso esta entrada non podería vir mellor. Non hai moito, Antonio García Teijeiro principiou unha nova colaboración mensual no CÍES Podcast de Rafa Valero e Guada Guerra que, baixo o título xenérico de Na compaña de… vai lembrar a relación persoal que Antonio [...]

Entrevista con Antonio García Teijeiro no Faro de Vigo: "Á RAPAZADA HAI QUE QUITARLLE PRESIÓN"

2019-12-13T13:11:00+00:00 13 / 12 / 2019|Versos e aloumiños|

Co gallo da recente publicacion da antoloxia Bicos e non balas, Antonio Garcia Teijeiro foi entrevistado na seccion Faro Educa do Faro de Vigo por Selina Otero. Unha entrevista interesante e chea de boas preguntas na que, amais deste novo libro, Antonio ten a oportunidade de falar de temas como a paz, os adolescentes e [...]

REMUÍÑO DE LIBROS (66) "Quokka Moka", de María Solar

2019-12-10T13:39:00+00:00 10 / 12 / 2019|Versos e aloumiños|

TÍTULO: Quokka Moka.AUTORA: María Solar.ILUSTRACIÓNS: Víctor Rivas.EDITORIAL: Xerais. Colección: Merlín.A xornalista e escritora María Solar estase a converter nunha das voces salientables dentro da nosa LIX pois nas súas achegas ao lectorado infanto-xuvenil latexa un transfondo social que convida á reflexión, que leva os seus lectores a formularse moitas situacións reais. É pois unha literatura [...]

DARDO POÉTICO (LXI) "Cos SEIS POEMAS GALEGOS de Federico García Lorca á miña beira"

2019-12-07T15:28:00+00:00 07 / 12 / 2019|Versos e aloumiños|

Levo a Federico García Lorca onde queira que eu vaia. Si, a rentes de min decote.     Vén comigo, cando viaxo, a xeito de antoloxía poética, libros sobre a súa persoa, conferencias, determinados títulos da súa obra ou algún tomo da súa poesía completa.     Escribín con el, sentindo a súa influencia máxica en Nova York, en Ugena, [...]

"POESÍA TAN TRANSPARENTE E TAN ABRUMADORAMENTE COMPLEXA", texto da presentación de PAZ RAÑA sobre o poemario "Bicos e non balas" de Antonio G. Teijeiro

2019-12-03T19:06:00+00:00 03 / 12 / 2019|Versos e aloumiños|

         Sobre Bicos e non balas, de Antonio García Teijeiro, poesía tan transparente e tan abrumadoramente complexa.         A paz, además dun antigo, marabilloso e aínda non acadado degoro da humanidade, é un proceso que nos afecta a todas en algo tan esencial, inmediato e tanxible como é a vida. No lugar [...]

A BUTACA DO LECTOR (7): "A filla do Minotauro", de Marilar Aleixandre

2019-11-30T18:12:00+00:00 30 / 11 / 2019|Versos e aloumiños|

Si, o lector está de acordo en que, ás veces, non importa quen conta a historia senón, como diría Melina – unha das personaxes marabillosas do libro -, se a historia contada é fermosa.     Neste caso abofé que si o é.  A filla do minotauro, a novela xuvenil de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Raíña [...]

"O DÍA QUE COMPRENDÍN PARA QUE SERVÍAN AS HUMANIDADES", artigo de MANUEL VEIGA

2019-11-25T17:38:00+00:00 25 / 11 / 2019|Versos e aloumiños|

Dá gusto ler os artigos de Manuel Veiga. Están moi ben escritos, moi ben estruturados e enfróntase o autor a temas que están aí e sobre os que é moi san reflexionar e debater.     Por iso e por moito máis, sempre é unha festa publicar un artigo deste escritor e xornalista, inquieto e crítico, que [...]

DARDO POÉTICO (LXII) "SOLEANDO", UN XOGO POÉTICO ENTRE AN ALFAYA E INMA DE BATLLE

2019-11-19T13:23:00+00:00 19 / 11 / 2019|Versos e aloumiños|

Presentei  “Soleando”, o poemario de An Alfaya, editado por Galaxia, e ilustrado por Inma de Batlle, nun xogo a dúas mans orixinal e con certo risco.     Entre as dúas fixeron un pacto creativo que consistiu en que cada día a ilustradora debía enviar por whatsapp o debuxo dun sol, e antes de que caesen as [...]

Load More Posts