Atrás Tigre, que esta banda morde!

Inicio/INFORMACIÓN/Letra en Obras/Atrás Tigre, que esta banda morde!

Atrás Tigre, que esta banda morde!

O pop en galego está a vivir unha etapa quizais histórica. Se hai pouco falabamos dos últimos traballos de Ataque Escampe, Chicharrón ou Esposa, agora é o momento de escribir unhas liñas sobre Atrás Tigre, unha banda que está a sorprender á crítica co seu primeiro álbum: Fainos saír. A banda é a feliz colisión entre dúas coñecidas poetas: Olalla Cociña (teclados e voz) e Xiana Arias (baixo e voz), o xornalista Pedro Solla (guitarras, xilófono, claves e voz) e Lois G. Carlin (batería neste proxecto e membro tamén dos Ataque Escampe).

Este venres comezan a xira de presentación do disco en Compostela (Festas de San Pedro). E en Letra aconsellamos non perdela!

Source: Letra en Obras

2017-06-29T16:52:26+00:00 29 / 06 / 2017|Letra en Obras|