As peripecias de Extravaganzza Pérez

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Trafegando ronseis/As peripecias de Extravaganzza Pérez

As peripecias de Extravaganzza Pérez

Unha nova conquista de Ledicia Costas para o lectorado infantoxuvenil: unha moza afouta que ama a natureza e preocúpase pola conservación das especies, desas que están en perigo de extinción pola man do home. Ogallá esta Extravaganzza Pérez sexa quen de conseguir que nenos e nenas ao rematar de coñecela deiten unha ollada preocupada na natureza que nos rodea para tentar coidala e evitar esta destrución masiva que o século XXI está a piques de acadar: sabemos que como non nos poñamos as pilas XA o planeta Terra esmorecerá en breves. Da nosa man.
Ledicia Costas escribiu As peripecias de Extravaganzza Pérez, publicado por Xerais con ilustracións de Óscar Villán, para o Salón do Libro de Pontevedra, que este ano ten como lema “Canta bichería!”. Si, Extravaganzza axudaranos a coñecer bechos e especies na súa particular viaxe por diferentes ecosistemas dende o respecto á todos eles porque a natureza é o que nos pide. Un valor engadido, para min particularmente, será que a nena teña unha discapacidade visual, e que será quen de renunciar á súa mellora por amor.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2018-03-06T06:51:00+00:00 06 / 03 / 2018|Trafegando ronseis|