As instanovels, ¿un novo camiño?

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Criaturas/As instanovels, ¿un novo camiño?

As instanovels, ¿un novo camiño?

 

Instanovels, da Biblioteca Pública de Nova York


Texto: Daniel Landesa


Un dos lugares onde a preocupación poca lectura é maior son as bibliotecas, non en van as personas que deciden dedicar un anaco do seu tempo a sentar fronte a un libro son os seus clientes, e calquera negocio, público ou privado, esmorece sen eles.

Na Biblioteca Pública de Nova York entenderon hai un tempo que o dixital é un formato que veu para quedar, quizais non para substituír ao aroma das páxinas de celulosa, mais si como un complemento á lectura e ao tráfico de información que é hoxe absolutamente necesario, un camiño irrenunciable para o século vinteún.

Hai ben pouco tempo puxeron a disposición da rede case duascentas mil imaxes do seu catálogo en dominio público, isto é, para libre descarga e utilización. Si, en Nova York, a cidade onde todo se vende.

Novos medios para chegar a pessoas lectoras

Ao longo destes días o que está a ser noticia é unha nova iniciativa da NYPL a través de instagram, a rede social onde se atopa o público máis novo. Trátase dunha serie de Instanovels, é decir, novelas en formato historias de Instagram que procuran levar ao público un novo modo de achegarse aos libros. O formato, máis aló algún efectismo animado, é quizais algo rudimentario, non obstante a idea en si é un camiño que paga a pena explorar fóra de prexuízos. Os tres libros escollidos apuntan a tres públicos ben diferentes aos que a institución neoyorquina pretende, cando menos, espertar o interese pola literatura: Alicia no país das marabillas, de Lewis Carroll, A metamorfose, de Kafka e mais O papel amarelo, de Charlotte Perkins Gilman.

Podes consultar as instanovels no perfil de Instagram de NYPL: @nypl

Persoalmente non teño dúbida de que a literatura, aínda a que vive en forma de libro,  debe comezar a empregar conceptos como ‘pensar fóra da caixa’ ou ‘saír da zona de comfort’, termos empregados ata o cansazo polas ciencias humanas, pero que aplicados a determinados campos poden dar froitos ben interesantes e, francamente, a literatura, a forma de contar cousas, require experimentación e valentía.

Source: Criaturas

2018-10-16T13:04:02+00:00 16 / 10 / 2018|Criaturas|