As editoras galegas acoden á feira de Frankfurt e a LIBER

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/As editoras galegas acoden á feira de Frankfurt e a LIBER

As editoras galegas acoden á feira de Frankfurt e a LIBER

Resoltas diferenzas que se deron a comezos deste ano, as editoriais galegas retoman este outono a súa participación nas feiras do libro internacionais da man da Xunta de Galicia. Segundo adianta o web da Asociación Galega de Editoras, as empresas do país participarán do "espazo na feira que a AGE compartirá como coexpositora xunto coa Consellería de Cultura e Turismo, da Xunta de Galicia" nos principais eventos destes tipo. A primeira destas citas, o LIBER, desenvolverase en Barcelona entre o 3 e o 5 de outubro. Segundo explica a AGE, editoras asociadas como son Alvarellos Editora, Hércules de Ediciones, Edicións Laiovento, Kalandraka Editora, Baía Edicións, Edicións Xerais de Galicia, Edicións do Cumio e a Editorial Galaxia "desprazaranse á feira" e "dotarán de novidades o stand galego" xunto con Nova Galicia Edicións, Oqueleo (Edicións Obradoiro) e Edicións Embora. Ademais, as editoras asociadas Kalandraka Editora e Edicións do Cumio-Arnoia Distribuidora, contarán con espazo propio neste evento.

<br>A seguinte cita será a Feira de Frankfurt, que se desenvolve nesta cidade alemá do entre o 10 e o 14 de outubro. No evento o posto que AGE compartirá como coexpositora xunto coa Consellería de Cultura e Educación contará con presenza de Hércules de Ediciones, Edicións Xerais de Galicia, Rodeira, Kalandraka Editora, Laiovento, Editorial Galaxia, Baía Edicións, Alvarellos Editora, Edicións Embora, Oqueleo (Edicións Obradoiro), Edicións do Cumio (Arnoia Distribución de Libros) e Nova Galicia Edicións.
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|