Artigo en QPC (XLI): De “coreanos” a “faroleiros”. Unha cala sobre os alcumes da Costa da Morte no Portal de Ditados Tópicos Galegos

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/As Crebas/Artigo en QPC (XLI): De “coreanos” a “faroleiros”. Unha cala sobre os alcumes da Costa da Morte no Portal de Ditados Tópicos Galegos

Artigo en QPC (XLI): De “coreanos” a “faroleiros”. Unha cala sobre os alcumes da Costa da Morte no Portal de Ditados Tópicos Galegos

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta un artigo para lembrar os dereitos civís neste remate dun ano especialmente grave na involución e no retroceso de moitos avances sociais conquistados. Velaquí este texto que tamén se pode ler nesta ligazón.

De “coreanos” a “faroleiros”. Unha cala sobre os alcumes da Costa da Morte no Portal de Ditados Tópicos Galegos

O Instituto da Lingua Galega (ILG) dispoñibilizou xa hai uns anos para consulta pública no seu sitio web o denominado «Portal de Ditados Tópicos Galegos», accesible nesta ligazón: http://ilg.usc.es/ditados/

No Inicio explícase a xestación deste Portal, que naceu da colaboración coa Fundación Camilo José Cela, pois as fichas pertencían a un proxecto que o escritor principiou na década dos anos sesenta e do que só chegou a ver a luz o Tomo I en 1998 na Editorial Noesis, ficando o resto dos materiais inéditos. Dísenos:

«Este portal reúne os que tradicionalmente se denominan ditados tópicos, isto é, xentilicios, seudoxentilicios (alcumes) e mais refráns e cantigas referidas a algunha localidade ou ós seus poboadores. Na súa primeira fase ofrece as 1212 fichas recollidas en Galicia para a redacción do Diccionario geográfico popular de España de Camilo José Cela.»

Para o seu labor compilatorio o escritor de Iria Flavia botara man, en primeira instancia, dos carteiros do “Servicio Nacional de Correos”, enviándolles unha ficha común con varias preguntas, e recibiu máis de trinta mil respostas ao seu inquérito.

De todo este material a colaboración entre o Instituto da Lingua Galega e a Fundación Camilo José Cela permitiu recuperar as fichas con información sobre Galiza, que foron editadas no proxecto «Portal de ditados tópicos galegos» (http://ilg.usc.es/ditados), por Xosé Afonso Álvarez Pérez, David Rodríguez Lorenzo e Damián Suárez Vázquez.

Pola nosa banda fixemos una cala sobre a presenza da Costa da Morte e observamos que non están representados todos os concellos, senón só unha parte dos mesmos, e que moitos dos topónimos aparecen deturpados como era costume na época. Da información fornecida, e que se reitera ás veces nun e noutro concello, peneiramos unhas mostras sobre os concellos de Cee, Corcubión, Carnota, Muxía, Laxe e Vimianzo (aos que habería que engadir Cabana de Bergantiños e Carballo para termos o panorama incompleto que ofrecen as fichas que recibiu Cela dos seus informantes). Velaquí a suxestiva lectura desa peneira de datos sobre nós:

FICHA 3120: Informante de CORCUBIÓN
¿Cuál es el nombre o los nombres que reciben los naturales de la localidad?
Corcubioneses

¿Conoce algún refrán, dicho o copla en que figure el nombre de la localidad, o el nombre o el apodo de sus habitantes?

– A Vila de Corcubión ten a figura dhun arco, por eso ten de Patrón o Evanxelista San Marcos.
– Adiós Corcubión alegre, la popa te voy virando, no sé lo que me queda dentro, que mis ojos van llorando. (Copla atribuída a Pepe Miñones, deputado de Corcubión fusilado no 36)
– Desde Corcubión a Cee hay un tiro de escopeta, pasa miña filla pasa, deixa desbalar a seca.
– Corcubión, de mis amores.
población incomparable.
aunque no nací en ella.
le quiero más que a mi madre.
y de rodillas te juro,
si tuviera dinero.
en la puerta de la Iglesia de
perlas de oro echaría un letrero.
diciendo que Corcubión es más bonito,
que el mundo entero.

FICHA 3147: Informante de LAXE
¿Cuál es el nombre o los nombres que reciben los naturales de la localidad?
Laxeiros

Cuál es el apodo o los apodos que reciben, en su conjunto los habitantes de la localidad?
Carneiros

¿Conoce algún refrán, dicho o copla en que figure el nombre de la localidad, o el nombre o el apodo de sus habitantes?
A los de Corme.- papeiros

¿Conoce algún refrán, dicho o copla en que figure el nombre de la localidad, o el nombre o el apodo de sus habitantes?
Laxeiros, Virupio, Neco, Cornetán, Meija do Inverno, Demo que Boya, Piernas, Chaboleiros, Majista, Cacharulo, O Crejo, Antón do Mira, Xaquiniños, Chenchas, Gabachos, As Chicas, As Rejas, Berberecheiros, Cucullas, Casilleras, Boliche, A Nina, Os Cristos, Bendabal, Pinpinillas, O Mexón, As Rapas, As Barbadas.

FICHA 4025: Informante de MUXÍA
¿Cuál es el nombre o los nombres que reciben los naturales de la localidad?
Mujianes o Muxianes

¿Cuál es el apodo o los apodos que reciben, en su conjunto los habitantes de la localidad?
“Os corvos”

¿Conoce el apodo o los apodos que reciben, en su conjunto los habitantes de alguna localidad diferente a la suya? Sírvase transcribirlo, con el nombre del pueblo al que se refiere.
Camariñas = Carneiros

¿Conoce algún refrán, dicho o copla en que figure el nombre de la localidad, o el nombre o el apodo de sus habitantes?
Poteiro – Zoqueira – Mayon – Rapa – Mexobravo – Reina – Brujo – Rata – Chorentana – Juniso – Jandula – Carabel – Estañado – Chulita – Cuarto Pollo – Medio Metro – Buso – Buxijentos – Carallan – Zapatudo
(Nosa Señora da Barca ten o tellado de pedra, ven o podia ter d’ouro, miña virxen si quixera)
En Mintiráns pillan as lebres cas mans

FICHA 4041: Informante de SAN PEDRO DE NÓS (OLEIROS)
¿Conoce el apodo o los apodos que reciben, en su conjunto los habitantes de alguna localidad diferente a la suya? Sírvase transcribirlo, con el nombre del pueblo al que se refiere.
A los habitantes de Mugía (La Coruña) les llaman “pescos”.

A los de La Coruña, suelen llamarles los de El Ferrol, “cascarilleiros”.

FICHA 8128: Informante de VIMIANZO
¿Cuál es el nombre o los nombres que reciben los naturales de la localidad?
Vimianceses o vimianceiros

¿Conoce el apodo o los apodos que reciben, en su conjunto los habitantes de alguna localidad diferente a la suya? Sírvase transcribirlo, con el nombre del pueblo al que se refiere.
Sí; a los de Cee, “Coreanos”; a los de Corcubión, “faroleiros”

¿Conoce algún refrán, dicho o copla en que figure el nombre de la localidad, o el nombre o el apodo de sus habitantes?
Apodos…? Os gabachos; “as campaneras”; “Os castañolas”, “As guindillas”; As Correas, O Coyón, O furoco, A Furricona, O barrigolo, a Rabosa, O lagartón, O chantaino, O cejo, O gaito, Os Michocos, O Monso, O Barcalo dá Gándara.

FICHA 11018: Informante de CARNOTA
¿Cuál es el nombre o los nombres que reciben los naturales de la localidad?
Carnotanos

[Outras indicacións]
(Referidas á veciñanza de Mazaricos por parte do Informante.)
¿Cual es el nombre o los nombres que reciben los naturales de la localidad?
Montañeses

¿Cual es el apodo o apodos que reciben?
No tienen

Source: As crebas

2018-01-17T14:19:55+00:00 17 / 01 / 2018|As Crebas|