ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO NO CÍES PODCAST, OUTUBRO DE 2019

Inicio/INFORMACIÓN/Versos e aloumiños/ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO NO CÍES PODCAST, OUTUBRO DE 2019

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO NO CÍES PODCAST, OUTUBRO DE 2019

Hai uns días, Antonio García Teijeiro pasou polos estudios do CÍES Podcast que dirixen e presentan en Vigo os xornalistas Rafa Valero e Guada Guerra. Nesta ocasión, a interesante e sempre agradable conversa entre os tres xirou arredor da recenta visita de Antonio aos Estados Unidos, onde, entre outras cousas, pronunciou unha conferencia sobre a súa obra poética na Universidade de Tennessee en Martin. Neste novo episodio do podcast, Antonio falou tamén dos seus dous últimos libros, Bicos e non balas e Vento, ventiño, venteiro, que chegaron ás librarías recentemente. A conversa pódese escoitar nesta ligazón, a partir do minuto 29. E os lectores e lectoras de Versos e aloumiños que seguides o CÍES Podcast, estade atentos porque Antonio comezará no mes de novembro unha colaboración mensual no programa.



                                                                             ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ

Source: Versos e Aloumiños

2019-11-07T17:59:00+00:00 07 / 11 / 2019|Versos e aloumiños|