Ana Varela Miño gaña o Premio López Abente de Poesía coa obra ‘Onde nacen as hedras’

Inicio/INFORMACIÓN/Letra en Obras/Ana Varela Miño gaña o Premio López Abente de Poesía coa obra ‘Onde nacen as hedras’

Ana Varela Miño gaña o Premio López Abente de Poesía coa obra ‘Onde nacen as hedras’

Xurado do certame

O Premio de Poesía Gonzalo López Abente, que organiza a fundación que leva o nome do autor, o Concello de Muxía e a Xunta, ten unha nova gañadora: Ana Varela Miño. A autora de Narón conseguiu a unanimidade do xurado por unha obra na que destaca: “ a coherencia e cohesión en todo o percorrido poético, desde o título, as citas introdutorias de Anne Carson e Louise Grück, ata o propio corpo do texto. Trátase dun poemario que dá sinais, prevé o baleiro, abre as fendas do que xa non é, ata chegar a a habitar o oco, ese lugar onde nacen as hedras”.

A obra verá a luz baixo o selo de Xerais e a autora recibirá 2000 euros en metálico e unha peza escultórica. O xurado estivo conformado por Noelia Gómez Calvo, Xulio Cid Neira e Xesús M. Sambade Soneira.

Source: Letra en Obras

2019-07-03T13:21:43+00:00 03 / 07 / 2019|Letra en Obras|