Agora non, Bernardo, de David McKee

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Agora non, Bernardo, de David McKee

Agora non, Bernardo, de David McKee

David McKee

Agora non, Bernardo (tradución de Xosé Manuel González)

Kalandraka, Pontevedra, 32 páxinas, 14 €, 2019

 

Do autor de Elmer, David McKee, Kalandraka aborda a publicación dun texto clásico dentro da literatura infantil como é Agora non, Bernardo.

Escrupulosamente fiel á edición orixinal, David McKee ofrece aquí unha reflexión de interese sobre a falta de comunicación, protagonizada por un neno, os seus pais e un monstro, malia que o resultado non sería distinto en absoluto de cambiaren os primeiros personaxes, isto é, McKee constrúe unha alegoría sobre o illamento ou a soidade, sobre o distanciamento e a sensación de estrañamento que persiste malia a proximidade física, familiar e mesmo emocional. Un libro onde a mensaxe cómpre situala por riba de certas imaxes que apuntan a modelos de conduta hoxe estereotipados e que, loxicamente, tamén constitúen un elemento desacougante, de tanta relevancia como a conclusión final onde a invisibilidade e a indiferenza focalizan a lectura deste clásico da literatura infantil e xuvenil de sempre.

Source: Caderno da crítica

2019-03-15T17:40:16+00:00 15 / 03 / 2019|Caderno da crítica|