Abre en Santiago a nova Galería Nordés de arte contemporánea

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/Abre en Santiago a nova Galería Nordés de arte contemporánea

Abre en Santiago a nova Galería Nordés de arte contemporánea

Un novo espazo privado para a arte contemporánea ven de abrir as súas portas en Compostela. A Galería Nordés inaugurou este nadal a súa actividade na Rúa Algalia de Abaixo, no local no que antes estaba a galería Citania. Chus Villar, comisaria de arte e recente directora da Galería Trinta, á que estivo vencellada durante catorce anos, é a responsable que comanda este proxecto. A Galería Nordés inaugurouse coa exposición Signos do artista Pablo Barreiro, creador dun persoal traballo escultórico realizado en cerámica. Signos, que estará en Nordés ta o 2 de febreiro está conformada por obras pertencentes a dúas das series que Barreiro ven desenvolvendo nos últimos anos: a serie Emphilamentos (do portugués emphilar: apilar) na que usando porcelana vidrada explora a relación con certas formas-signos cotiáns do pasado dese contexto, a partir do encontro fortuíto de varios moldes antigos; e a serie Columnas na que realza tamén esa re significación de elementos funcionais invertendo a súa función tradicional de sustentar por la de ser suspendidas. A nova galería está regularmente aberta ao público de luns a venres en horario de tarde.
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|