A Xunta non concreta prazos para as declaracións BIC da Terraza de Sada e o Pasatempo

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/A Xunta non concreta prazos para as declaracións BIC da Terraza de Sada e o Pasatempo

A Xunta non concreta prazos para as declaracións BIC da Terraza de Sada e o Pasatempo

A Xunta de Galicia superou os seis meses, tempo previsto pola lei, para a resposta ás solicitudes dos concellos de Sada e de Betanzos para a declaración como Bens de Interese Cultural (BIC) da Terraza de Sada, un emblemático edificio modernista da localidade, e o Pasatempo de Betanzos, o famoso parque enciclopédico creado polos irmáns García Naveira. Desde a Dirección Xeral de Patrimonio aseguraron a La Opinión Coruña que "son expedientes complicados desde el punto de vista técnico. Se está avanzando en la incoación de los dos bienes, pero por lo de ahora no podemos concretar plazos". Pola súa banda, fontes da alcaldía de Betanzos indicaron a La Voz de Galicia que o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se interesou na posibilidade de que a administración autonómica colabore na recuperación do Pasatempo unha vez que sexa declarado BIC.<br>
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|