A Xunta contará cun comisario para o Xacobeo 2021

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/A Xunta contará cun comisario para o Xacobeo 2021

A Xunta contará cun comisario para o Xacobeo 2021

O Consello da Xunta que se celebrou onte aprobou a posta en marchar da Comisión organizadora do Xacobeo 2021. A entidade, encargarase do "fomento e impulso das actuacións coordinadas das diferentes administracións e institucións implicadas; a aprobación da marca e logo do Xacobeo 2021, así como do seu plan estratéxico e dos diferentes plans operativos anuais de desenvolvemento; a busca de patrocinadores privados e a promoción das exencións fiscais aplicables a estes e a difusión e elaboración da programación deste evento". <br>En paralelo a este organismo, o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, anunciou a creación da figura dun comisario do Xacobeo que con rango de conselleiro delegado terá "dedicación absoluta da preparación do Xacobeo e que proporá e elevará as diferentes actuacións a desenvolver, rendendo conta do seu exercicio ante a comisión". Segundo asegurou Feijóo as súas funcións diferirán das do xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

Pola súa banda, e como parte da presentación da delegación galega no encontro madrileño FITUR, a directora de Turismo, Nava Castro, adiantou a posta en marcha dun novo festival musical. Sons do Camiño funcionará como antesala do vindeiro Xacobeo e achegará ao noso país un programa de concertos de artistas internacionais. O Parque do Monte do Gozo, en Compostela, ademais doutras cidades galegas acollerán esta serie de eventos musicais que se desenvolverán a partir deste mesmo ano, no trienio previo ao Ano Santo.
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|