A “Teoría do arbre”, de Celso Emilio Ferreiro, en Vigo

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/A “Teoría do arbre”, de Celso Emilio Ferreiro, en Vigo

A “Teoría do arbre”, de Celso Emilio Ferreiro, en Vigo

jpg.jpgNo ano 1968 Celso Emilio Ferreiro publicaba Viaxe ao País dos Ananos, un dos seus grandes libros de poemas. Un autor que viviu en Vigo moitos anos, que morreu nesta cidade e que sen dúbida andou moitas ocasións baixo a sombra dos castiñeiros de Indias da Gran Vía viguesa deixounos unha reflexión poética sobre a árbore que hoxe cobra especial relevancia logo da corta  -a quen non lle doe ver a Gran Vía así!- de árbores centenarias para instalar unhas imprescindibles escaleiras mecánicas que nos deixarán, sen esforzo ningún, ao pé da entrada dun centro comercial. A metáfora está servida.

Teoría do arbre

O berce foi antes arbre,
berce do arbre é o vento.
O arbre fillo da terra,
dános sombra i alimento.

Arbre, a porta da casa,
Arbre, o estrado i o teito,
Arbre, o carro i a mesa,
Arbre, a chuvia no vento,
Arbre, a caixa do morto,
Arbre, a fiestra i o asento.

Arbre, o bosco, i a barca,
no medio soio silencio

A nosa casa é un arbre.
Casa do arbre é o vento
que pasa peleriñando,
con ledos paxaros dentro.

O mundo semella un arbre
prantado no firmamento
que pasa peleriñando
con ledos paxaros dentro.

O arbre dános de todo:
barca, teito, enterramento.

O mundo semella un arbre
Prantado no firmamento.
A vida parece un arbre,
no medio tan soio o vento.

Source: Caderno da crítica

2019-07-20T10:11:57+00:00 20 / 07 / 2019|Caderno da crítica|